Skip to Content

2022-23

ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA : XOGOS DE MESA

O club de lectura participou o día 28 de marzo de 2023 nun obradoiro para aprender outros usos da narración fóra dos formatos habituais (novela, conto, banda deseñada, etc.). Para elo, contamos coa colaboración de Andrés de "Astora Cómics" quen nos deu unha charla sobre os tipos de xogos de mesa ("eurogames", xogos americanos, competitivos, colaborativos, "fillers", etc) e nos permitiu probar clásicos coma o "Piko Piko" ou o "Jungle Speed".
Na última parte do obradoiro, os estudantes tiveron a oportunidade de familiarizarse coa dinámica dos xogos de rol, participando nun rescate cheo de emocións dentro dun bosque enfeitizado.

Máis fotos aquí:

FOLIADAS DO 2º TRIMESTRE

Velaí unha mostra das/os simpáticas/os participantes.

 

CONVOCATORIA DE BECAS DO MEC

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

OS DEREITOS DAS MULLERES

CONCURSO DE CALIGRAMAS

UN DÍA DA PAZ MOI MUSICAL

CELEBRAMOS A "CHANDELEUR"

O departamento de francés organizou o 6 de febreiro unha actividade complementaria pola festa da "Chandeleur" (a Candelaria en España). En todos os fogares franceses as familias xúntanse o 2 de febreiro para facer as crêpes igual que nós nos xuntamos en Galicia no Entroido para facer as filloas.

No noso instituto quixemos recrear esa tradición grazas á colaboración dun formidable crêpeiro bretón que pasou toda unha mañá a preparar este rico postre para o noso alumnado. Vaia para el o noso agradecemento. A rapazada tivo que preparar a súa propia crêpe e falar en francés. Pasárono xenial. E para mostra aquí quedan estas imaxes.

EDUARDO SÁENZ DE CABEZÓN, MATEMÁTICO E DIVULGADOR CIENTÍFICO, NO IES O CARRIL

O pasado 14 de Febreiro tivemos o inmenso pracer de ter no noso instituto ao matemático e divulgador científico Eduardo Sáenz de Cabezón.

Profesor na Universidade de La Rioja, é tamén membro do grupo de divulgación científica Big Van Ciencia e, dende fai uns anos, coñecido por ser o conductor do programa Órbita Laika que se emite na 2 da TVE.

Moitísimas grazas Eduardo por esta tarde tan agradable, que se configurou non só como unha aprendizaxe sobre cuestións nas que están tan presentes as matemáticas, senón como unha invitación á reflexión sobre as mesmas. Ata a próxima!

Fai clic sobre as imaxes para amplialas

CONCURSO DE DEBATE DA FUNDACIÓN BARRIÉ

As nosas alumnas Carla, Noa, Alicia e Carmen e o noso alumno Brais de Bacharelato, estiveron o pasado un, dous e tres de febreiro no concurso de debate da Fundación Barrié. A pregunta do debate era: O saber científico-técnico recibe máis apoios institucionais que as humanidades ou o arte: ¿o coñecemento debe valorarse en función da súa utilidade?

 

O día un tiveron os seus tres primeiros debates de clasificación, saindo in victos e coas puntacións máis altas de ese día. Quedaron así no cuarto posto da clasificación xeral. O día dous asistiron aos oitavos e tamén sairon gañadores. Mais o terceiro día, a sorte non foi con eles e tristemente non pasaron dos cuartos, pero xa é un logro chegar onde chegaron. Damoslle a enhoraboa e damoslle forzas para a súa participación no Parlamento Xove.

 
 Fai clic sobre as imaxes para aumentalas
 
 
 

VIAXE A ANDORRA DE 1º BACHARELATO

Distribuir contido


by Dr. Radut