Skip to Content

2022-23

NOVA ACTIVIDADE ! VOLVEN AS FOLIADAS !

Traede comida para xantar todos xuntos antes de comezar a bailar, cantar e tocar a pandereta ata que comecen as clases da tarde! 

Os/as que estedes interesad@s avisade a algún membro do equipo de dinamización.

Se vos gusta a música tradicional, non o dubidedes, animádevos a asistir!!

 

HORARIOS DO ALUMNADO (definitivos)

Podedes consultar/descargar/imprimir o voso horario facendo clic no curso correspondente:

ESO
1ºESO-A 1ºESO-B  
2ºESO-A 2ºESO-B 2ºESO-C
3ºESO-A 3ºESO-B  
4ºESO-A 4ºESO-B 4ºESO-C

  

BACHARELATO
1ºBAC-A 1ºBAC-B 1ºBAC-C 1ºBAC-D
2ºBAC-A 2ºBAC-B 2ºBAC-C 2ºBAC-D

DIGITAL WEEK 2022– SEMANA DIXITAL 2022

Quen participa?

O alumnado de 3º ESO.

 

En que consiste?

Este é un programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais no que se fomentará a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico galego cunha metodoloxía adecuada á etapa educativa correspondente.

 

Cando e onde?

Do 13 ao 19 de novembro o alumnado dos diferentes centros seleccionados convivirá nun centro residencial situado na Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de internado.

 

Canto custa?

O programa está totalmente subvencionado pola Consellería de Educación. As familias encargaranse do traslado do alumnado ao centro residencial así como da súa recollida ao remate do programa e terán que asumir os gastos derivados destes desprazamentos.

 

Como solicitar unha praza?

O alumnado interesado deberá entregar na Vicedirección do IES O Carril o impreso de solicitude debidamente asinado até o día8 de setembro.

 

Resolución:

En caso de ser seleccionado para participar neste programa, o centro disporá dun máximo de 25 prazas. Se hai máis de 25 solicitudes de participación, realizarase un sorteo público para cubrir o tope de prazas ofertadas.  

En canto a Consellería resolva se o IES O Carril forma parte ou non dos centros seleccionados, as familias solicitantes serán informadas desta resolución.

 

Para máis información, consulte a convocatoria:

 https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/29_06_22_digitalweek-publicos_final_asinada.pdf

ITINERARIOS DO BACHARELATO MODIFICADOS

O día 30 de xullo nos informaron de que foi autorizada a Vía de Música e Artes Escénicas na modalidade de Artes no noso centro polo que se modifican, segundo o aprobado en Claustro de final de curso, os itinerarios de bacharelato do centro incluíndo esta vía. Anexamos os itinerarios modificados de bacharelato.

AUTORIZADA A LIÑA DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS PARA O BACHARELATO DE ARTES

Nos congratula comunicar que hoxe recibimos comunicación da Consellería de Educación que o IES O Carril está autorizado a impartir a liña de Música e Artes Escénicas do bacharelato de Artes para o vindeiro curso 2022/23.
Moitas grazas polo apoio.

IES O Carril
Rúa Marie Curie, 1
36610 O Carril - Vilagarcía de Arousa
Teléfono: 886 151 791

E-mail: ies.ocarril@edu.xunta.gal

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-23

Distribuir contido


by Dr. Radut