Skip to Content

Xeografía e Historia

MARCELINO ABUÍN DA UNHA CHARLA SOBRE MEMORIA HISTÓRICA

Impagable clase de Historia e Memoria democrática da nosa contorna próxima da man do historiador carrilexo Marcelino Abuín para o alumnado de 4ºESO e 2ºBAC.

OS DEREITOS DAS MULLERES

CONCURSO DE DEBATE DA FUNDACIÓN BARRIÉ

As nosas alumnas Carla, Noa, Alicia e Carmen e o noso alumno Brais de Bacharelato, estiveron o pasado un, dous e tres de febreiro no concurso de debate da Fundación Barrié. A pregunta do debate era: O saber científico-técnico recibe máis apoios institucionais que as humanidades ou o arte: ¿o coñecemento debe valorarse en función da súa utilidade?

 

O día un tiveron os seus tres primeiros debates de clasificación, saindo in victos e coas puntacións máis altas de ese día. Quedaron así no cuarto posto da clasificación xeral. O día dous asistiron aos oitavos e tamén sairon gañadores. Mais o terceiro día, a sorte non foi con eles e tristemente non pasaron dos cuartos, pero xa é un logro chegar onde chegaron. Damoslle a enhoraboa e damoslle forzas para a súa participación no Parlamento Xove.

 
 Fai clic sobre as imaxes para aumentalas
 
 
 

O ALUMNADO DO CARRIL PARTICIPA NO PARLAMENTO XOVE

Os nosos alumnos de 4º da ESO, Noa Santiago, Alicia García, Rubén Alcalde e Carmen Vila, estiveron o pasado 17 e 18 de xuño nos cuartos de final do Parlamento Xove. A sorte non foi con eles e tristemente non pasaron dos cuartos, pero xa é un logro chegar onde chegaron, tendo en conta que era a súa primeira vez. Moitos pararabéns e ogallá que o ano que ven inténteno de novo. En especial tamén felicitar a Noa Santiago, que recibiu un premio á mellor oradora. E por suposto esperamos que outros alumnos do centro se animen a facer esta actividade.

Ver album de fotos

(O noso alumnado pode verse en 1h 38m)

 

PARTICIPACIÓN NA NOVA EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE

Este ano celebrouse a 13 edición do certame Parlamento Xoven no que participou un grupo de alumnas do noso instituto acompañadas pola súa profesora de Historia, Teresa Rodríguez. Quedaron no 8º lugar, nunha edición na que pasaban 8 equipos dos 22 que foron. A nosa alumna Noa recibiu unha mención á mellor oradora.Parabéns para todo o grupo.

Para quen queira máis información sobre este certame pode consultar este sitio web.

O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

 

Preme sobre as fotos para agrandalas
 

 

----------

FOTO PREMIADA NO CONCURSO DA ASOCIACIÓN DE XEÓGRAFOS DE ESPAÑA

Cristina Asensi, alumna de 2º Bacharelato,  é a autora dunha das fotos premiadas na VI edición do concurso Explica Xeografía coas túas fotos convocado pola Asociación de Xeógrafos de España (AGE). O obxectivo deste concurso é promover o coñecemento xeográfico e unha mellor comprensión do territorio e da paisaxe. Parabéns!

VER ALBUM DE FOTOS

O ALUMNADO DE CARRIL REMATOU A SÚA PARTICIPACIÓN NO PARLAMENTO XOVE

As carrilexas e os carrilexos que participaron na IXª edición do Parlamento Xove acudíiron a Compostela o 4 e o 5 de maio para debatir na fase final. O tema foi: "A experiencia acumulada nun ano sabático pode ser de gran axuda para orientar os intereses académicos e laborais da xuventude europea antes de que inicien a súa etapa universitaria: ¿debería existir un plan de financiamento europeo destinado a tal fin?".

O equipo de Carril tivo que posicionarse en contra da tese mentres que o alumnado do instituto de Becerreá co que debateron, a favor. Primeiro cada equipo presentou as súas argumentacións  Nunha segunda parte do debate Rubén e Ismael refutaron os argumentos do equipo de Becerreá. Finalmente os representantes dos dous institutos, Becerreá e Carril, tiveron que expor as súas conclusións. A encargada do noso instituto foi Alba Conde. O equipo de Becerreá saíu victorioso desta batalla dialéctica.

Iria López, unha das nosas representantes falounos sobre a súa experiencia persoal. Dixo que estaba demasiado nerviosa e intimidada polo equipo de Becerreá, que xa levaba gañando oito anos e notábase que estaban moi relaxados e seguros de si mesmos. "Tremía, trabábame falando, cando eu normalmente non o fago", dixo Iria.

Alba Conde tamén comentou que había moita presión pero destacou como aspecto positivo que tivo a oportunidade no seo do seu propio grupo de debatir ideas contrarias argumentando e que esa discrepancia sempre era respectuosa e construtiva.

Esta primeira participación no Parlamento Xove podería servir aos participantes de futuras edicións como unha boa experiencia de traballo en equipo para tentar defender unha postura grazas ao diálogo e ao consenso.  Unha proveitosa lección para todos. 

 

       

Nas imaxes os nosos cinco representantes: Iria López, Alba Conde, Isaac, Rubén e Brais González (non está nas fotos)

Distribuir contido


by Dr. Radut