Skip to Content

2014-15

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO

Devolución dos libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2014/15

1. O alumnado deberá devolver os libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2014/15.

DATAS DE ENTREGA:

  • 3º e 4º ESO – xoves 18 de xuño
  • 1º e 2º ESO – venres 19 de xuño

Iranse chamando ao longo da mañá por grupo. O libros serán entregados nunha bolsa aberta para comprobar que están en bo estado.

2. O xoves 25 de xuño, día da entrega das notas, o alumnado con materias pendentes poderá recoller o libro ou libros correspondentes e quedar con eles ata que se examine en setembro.

3. Estes libros constituirán o fondo solidario. Serán asignados ao alumnado o vindeiro curso tras a súa solicitude e por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

A NON devolución dos libros de texto será causa de exclusión na participación no fondo solidario e das axudas.
De forma voluntaria, poderánse entregar tamén os libros que non foron adquiridos con cargo ás axudas, para que formen parte do fondo solidario.

Que solicitude teño que presentar?

  • Alumnado para 1º e 3º ESO: Axudas para a adquisición de libros de texto.
  • Alumnado para 2º e 4º ESO: Fondo solidario de libros de texto.

Onde podo obter a solicitude?
A solicitude poderá obterse no centro onde estea matriculado o alumno. O modelo normalizado (código de procedemento: ED330D), tamén estará dispoñible no portal educativo, enderezo: http://www.edu.xunta.es

Onde presento a miña solicitude?

Na secretaría do IES Miguel Ángel González Estévez
Prazos de presentación

  • FONDO SOLIDARIO (2º e 4º ESO) ata o 30 de xuño de 2015.
  • AXUDAS LIBROS (1º e 3º ESO)

1. do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015 (alumnado matricula ordinaria)
2. do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015 (alumnado matricula extraordinaria).
MAIS INFORMACIÓN:
No taboleiro de anuncios do IES Miguel Ángel González Estévez.
No DOG:
- Fondo solidario; Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).
- Axudas: Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).

O TSAAFD INÍCIASE NOS DEPORTES DE REMO

(VER GALERÍA DE FOTOS)

Na imaxe podemos ver ao grupo de 1º de TSAAFD que o luns 8 de xuño estivo realizando unhas prácticas de iniciación aos deportes de remo, concretamente de traíñas, no club nautico de Cabo de Cruz. Acompañaron ao grupo os seus profesores Conchi Luís e Fernando. Precisamente eles comentáronnos que un dos monitores desta actividade, DANIEL TORRADO que é alumno do ciclo superior este ano.

O 1º CURSO DE TSAAFD NO ECOPARQUE DE MARÍN

Dentro do seu proceso formativo, o alumnado do ciclo superior realiza diferentes actividades moi útiles para o seu desenvolvemento profesional. Unha delas é a visita ás instalacións do ecoparque de Marín. Podedes ver aquí algunhas imaxes da xornada.

(VER GALERÍA DE FOTOS)

ALUMNAS DE CARRIL NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BALONCESTO

Seis alumnas de 4º ESO participaron nos Campeonatos de España de Baloncesto Cadete celebrados en Leon do 24 o 30 de maio, xunto cos 32 equipos mellores de toda España. Acadaron un magnífico vixésimo primeiro posto.

(VER GALERÍA DE FOTOS)

Antes de ir ao Campeonato de España foron subcampeonas galegas. A nova nos xornais do 10 de maio:

    


A nova do Campeonato de España :

   
 
26 de maio
27 de maio
27 de maio

ALUMNA DE 1ºBACHARELATO FINALISTA DO III CERTAME DE RELATO CURTO

A nosa alumna Carmen Cuervo Martínez quedou finalista do III CERTAME DE RELATO CURTO convocado pola FANPA de Pontevedra. Parabéns, Carme!

E velaí o texto seleccionado.

ARROGANTEMENTE IMPERFECTO

     Arrogantemente imperfecto, terrorificamente asimétrico, unha aberración. Non podía seguir vivindo comigo, o meu reflexo..."iso" era eu... A mirada fóiseme inconscientemente ás revistas de tías boas que deixara sobre o meu escritorio, non me interesaba este tipo de revistas polo seu contido sexual, senón pola terrible perfección e simetría de todos e cada un dos corpos das mulleres que posaban naquelas revistas...grandes peitos, pel bronceada, cute impecable...Medín de novo a miña cintura: sesenta e cinco centímetros. Demasiados milímetros, simplemente imperdoables. Nunca sería coma elas, nunca tería esas curvas perfectas, nunca carecería de todas as miñas imperfeccións..., nunca chegaría a ser ninguén. Non podía sair así á rúa, todos o saberían, saberían que o meu van mide demasiado..., sesena e cinco..., un número tremendamente asimétrico..., ademais as miñas cadeiras eran tres centímetros máis longas do debido, era un ser defectuoso. Vestinme de novo e sequei as bágoas co pulso, cincuenta e tres milímetros separábanme do resto do planeta.

     É certo, obsesionárame con números: pesaba cincuenta quilos, medía un metro cincuenta e nove (demasiado pequena), noventa de peito, sesenta e cinco de talle, noventa e tres de cadrís..., noxento. As táboas da perfección fuxían do meu alcance e eu só podía tremer baixo a atenta mirada da egocéntrica sociedade. Frustración e medo mesturábanse cada vez que me expoñía a ela, arrepiábame saír, prefería a soidade da miña casa, onde ninguén me vise.

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

Actividades do mes das Letras. 
O autor homenaxeado
este ano:
Xosé Filgueira Valverde
(Para agrandar, clic nas imaxes)

 

EXCURSIÓN A OURENSE

(Para agrandar, clic nas imaxes)

¡Unha festa! Como diría o outro pasámolo moi ben.
Primeiro fixemos os deberes, é decir, visitar unha empresa, que neste caso era Rodriguez López Auto, adicada á transformación de vehículos en ambulancias, unha empresa carroceira, para entendernos.
Alí vimos moitas  cousas do proceso productivo, dende máquinas láser cortando pezas de metal e madeira ata a fabricación de teitos aerodinámicos con moitas luces para dar maior visibilidade á ambulancia.

 


Tamén como parte importante da empresa explicáronnos todo o tema das homologacións que teñen conseguidas, como é o caso das butacas, que pasan as probas de frenado de 60 km/h a 0 km/h.
E despois desta visita comezou o tempo de lecer: que se comer o bocadillo, que se pasear por Ourense, que se montar no tren chu-chu,...
Sí, o tren chu-chu, ledes ben. Como nenos fixemos o paseíllo ata as termas de Outariz, e para que vexades que non mentimos se decimos que eran preciosas ahí tedes a proba...

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O departamento de Matemáticas organiza un interesante concurso no que ainda estades a tempo de participar. O tema, a forma de presentación, os prazos e toda a información necesaria están neste cartaz

Resumo das bases:

  • PARTICIPACIÓN: Está aberta a todo o alumnado do Centro.
  • TEMA: debe estar relacionado co mundo das matemáticas (simetrías, formas xeométricas, mosaicos, números, estatística, azar.....)
  • PRAZO: o prazo de presentación remata o 29 de Maio.
  • PREMIOS.

PRIMEIRO PREMIO: unha cámara de acción SJCAM4000 wifi
SEGUNDO PREMIO: tablet Point of View 7"
TERCEIRO PREMIO: altavoces bluetooth.

PARTICIPADE!

VIAXE ÁS ILLAS CIES 2015

(Para ampliar, clic na imaxe)

Un nutrido grupo formado polo alumnado de 2ºESO e os seus profesores acompañantes tiveron a fortuna de visitar as illas Cies durante unha xornada completa. A climatoloxía acompañou e os servicios dun guía conseguiron que todo o mundo disfrutara e aprendera moito. Ata houbo quen se queimou un pouco! Para ver a reportaxe fotográfica da xornada, fai clic na galería fotográfica.

GALERÍA FOTOGRÁFICA

3º ESO VIAXA Á COSTA DA MORTE

Moitas veces o que temos máis cerca é o que menos coñecemos.  Na excursión á Costa da Morte visitamos algúns dos lugares emblemáticos de Galicia, pero non foi só unha viaxe a lugares espectaculares como o Cabo de Fisterra, tamén unha viaxe no tempo ata o Neolítico no Dolmen de Dombate, a idade do ferro no Castro de Borneiro e ao Medievo na fermosísima igrexa de Moraime ou no castelo de Vimianzo.
Quedáronnos moitos lugares por ver, pero o tempo non deu para máis.  Só esperamos ter despertado a curiosidade e o interese dalgúns e que sexan eles quen os descubran.

Manuel Rodríguez

ABRIR ALBUM DE FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut