Skip to Content

2014-15

PIRAGÜISMO PARA O CICLO SUPERIOR (TSAAFD)

(clic na imaxe para aumentar)

O venres 3 de outubro, o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TSAAFD) realizou unha actividade conxunta coordinada pola empresa Piragüilla. Primeiro saíron de Bamio en piragua e deron a volta a Cortegada onde fixeron unha parada. Alí realizaron uns xogos e un roteiro a pé. Seguidamente volveron remando de Cortegada ata a praia Compostela.

 VER GALERIA DE FOTOS

A SECCIÓN BILINGÜE EN LONDRES

 Este imaxe corresponde ao momento da saída en bus do simpático grupo de rapazas e rapaces que forman a Sección Bilingüe de 2ºESO deste curso.

Iniciaron a súa viaxe o mércores 23 de setembro. Pasarán unha semana na capital do Reino Unido visitando o mellor que ofrece a cidade: Hyde Park, Trafalgar Square, 10 Downing Street, Houses of Parliament, Buckingham Palace, Buckingham Abbey, Regent Street,  Oxford Street, a Ponte do Millenium, o Shakespeare`s Globe Theatre e unha longa lista de lugares emblemáticos. Tamén visitarán algúns museos como a National Gallery, a Tate Modern ou o Natural History Museum e asistirán en directo á representación dun musical. Have a good trip!

        (Para ampliar, clic na imaxe)

GALERÍA DE FOTOS

LISTAS DE ADMITIDOS E PRAZOS DE MATRÍCULA (2014-15)

Publicada a lista provisional de admitidos para o curso académico 2014-15. O prazo para formalizar a matrícula será do 25 de xuño de 2014 ata o 10 de xullo de 2014 en horario de 10h00 a 13h00. Pódese matricular aquel alumnado que teña avaliación positiva en todas as materias ou que teña como máximo dúas materias pendentes para setembro . Máis información sobre prazos e documentación.

Distribuir contido


by Dr. Radut