Skip to Content

2022-23

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Hoxe o alumnado de 1° de ESO tivo o pracer de participar no acto de celebración das Letras Galegas organizado pola asociación Mesa das Verbas e patrocinado polo Concello de Vilagarcía. Foi a ocasión de representar unha pequena obra de teatro que preparamos arredor da figura  de Francisco Fernández del Riego, o homenaxeado deste ano nas Letras Galegas. 

Foi xenial compartir o noso traballo co alumnado dos demais centros de primaria e secundaria que participaron e ver tamén o que eles prepararon para amosarnos a nós.

Despois do acto presentouse o cómic "O home que valía por mil", tamén adicado a Don Paco, obra de Antón Mascato e Pepe Carreiro, o autor dos Bolechas, que se parou a explicarnos o seu traballo como deseñador. Iago tivo a sorte de poder aprender a debuxar con el varios personaxes da familia dos Bolechas. Foi unha mañá moi completiña de moita aprendizache e diversión! 

Para ampliar/descargar as imaxes preme sobre elas

Feliz día das letras a todxs!!!   

#DíaDasLetrasGalegas

#FranciscoFernándezDelRiego

#MesaDasVerbas

OLIMPIADA MATEMÁTICA

O Xoves 27 de Abril tivo lugar en Pontevedra a fase de zona da Olimpíada Matemática Galega para 2ºESO e este foi o alumnado participante. 

Para ampliar/descargar as imaxes preme sobre elas.

MARCELINO ABUÍN DA UNHA CHARLA SOBRE MEMORIA HISTÓRICA

Impagable clase de Historia e Memoria democrática da nosa contorna próxima da man do historiador carrilexo Marcelino Abuín para o alumnado de 4ºESO e 2ºBAC.

CALENDARIO DE FOLIADAS DO 3º TRIMESTRE

ITINERARIOS 2023-24

1º ESO    2ºESO    3º ESO    4º ESO
             
1º BACHARELATO   2º BACHARELATO
 
Para ver/descargar , preme sobre un nivel

FESTEXAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBAC mudou a letra de catro cancións galegas (A saia da Carolina, O Himno de Galicia, Se chove e O sacristán de Coímbra) por outra que contase a vida e obra da nosa Rosalía de Castro. Mirade que resultado tan fermoso!Moitas grazas ao profesorado de Música e de Lingua Galega e, por suposto, á nosa rapazada polo traballazo realizado!

 

Pola súa banda o alumnado de 1ºESO saíu por Carril o  pasado venres 3 de Marzo para conmemorar o Día de Rosalía de Castro recitando poemas da autora. Graciñas á profe de Lingua Galega por tan fermosa actividade!

 

OBRADOIRO MUSICAL DE VOCES AFRICANAS

O pasado venres 31 de Marzo celebrouse na biblioteca un Obradoiro de Voces Africanas organizado polo Departamento de Música.Botádelle un ollo ao vídeo everedes que resultado tan fermoso!

O BACHARELATO VISITA A FEIRA DA EDUCACIÓN EN VIGO

O noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes acudiu o pasado 14 de marzo á Feira de Educación e Ensinanzas Artísticas e Profesionais no Auditorio Mar de Vigo e posteriormente, á Facultade de Belas Artes en Pontevedra. Foron unhas visitas guiadas moi interesantes e inspiradoras!! 

ESTHER BUELA, UNHA HISTORIA DE CORAXE

Esta mañá volvemos recibir a visita de Esther Buela para falar das violencias machistas. O alumnado de 1° de Bacharelato non puido conter a emoción a medida que Esther avanzaba no relato. Impactounos especialmente a súa capacidade de superación e a forza que transmite cando fala. Moitas grazas por compartir tanto con nós, Esther, e por darnos as claves para detectar situacións de violencia e falarnos das opcións que temos para bloquealas.
#stopviolencias
@galega_incorrecta

Distribuir contido


by Dr. Radut