Skip to Content

2017-18

LECTURAS PARA O VERÁN

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS DE VILAGARCÍA

O xoves 14 de xuño o alumnado de 3ºESO-B visitou a protectora de animais de Vilagarcia. Ademáis de percorrer as instalacións puideron disfrutar dun paseo xunto cos cans de canceira.  Despois tocou ruta de sendeirismo ata o Merendeiro de Fonte Fría. 

ALBUM DE FOTOS

LECTURAS DOSIFICADAS PARA TODO O MUNDO

XA SAÍU PUBLICADA A REVISTA ENORMIC BANDA

O xaponés Takekazu Asaka asina o limiar en galego da revista Enormic Banda. Esta excelente iniciativa da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés leva xa 20 anos de andaina e cada ano sorpréndenos coa creatividade do alumnado apaixoado da banda deseñada. Nesta ocasión sae publicada A festa dos cinco minutos de Germán Elías Villarroel López, alumno de 3ºESO do noso instituto que retrata de xeito divertido o que fai o alumnado en ausencia do profesorado.

Parabéns para Elías e para todos os debuxantes!

VER ALBUM DE FOTOS

         

FOTO PREMIADA NO CONCURSO DA ASOCIACIÓN DE XEÓGRAFOS DE ESPAÑA

Cristina Asensi, alumna de 2º Bacharelato,  é a autora dunha das fotos premiadas na VI edición do concurso Explica Xeografía coas túas fotos convocado pola Asociación de Xeógrafos de España (AGE). O obxectivo deste concurso é promover o coñecemento xeográfico e unha mellor comprensión do territorio e da paisaxe. Parabéns!

VER ALBUM DE FOTOS

VIAXE A ITALIA DE 4º ESO

VIAXE A ITALIA 2018

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de primaria que comezará os seus estudos no instituto para o próximo ano académico pasou parte da mañá cos alumnos que xa están no instituto e que serán as súas titoras e titores o vindeiro ano escolar. Deste xeito puideron visitar as instalacións e coñecerse persoalmente a través de  diferentes actividades en común. Como testemuña desta xornada festiva quedan estas imaxes.

VER ALBUM DE FOTOS

(Preme na imaxe para ampliala)

CONCURSO DE FOTO E VIDEO "OLLARES EN IGUALDADE"

PARA LER AS BASES FAI CLIC NA IMAXE

Distribuir contido


by Dr. Radut