Skip to Content

2017-18

SEMANA DA CIENCIA 2017: MARIA SALOMEA SKLODOWSKA

Outro fermosísimo retrato 
realizado polo alumnado
de Bacharelato Artístico.

A directora do instituto do Carril, Rosa Gómez,  presentou a semana da ciencia 2017 dedicada este curso a homenaxear a Maria Sklodowska-Curie.

Organizada e coordinada por Bibliomalveiras,  a semana comezou o 7 de novembro, día no que se celebra o 150 aniversario do nacemento desta gran científica. Varios elementos converxen nela: este ano celébrase o 150 aniversario do nacemento de Marie Curie, o instituto do Carril está ubicado na rúa Marie Curie,  e ademais o mes de novembro está dedicado á ciencia en galego en toda a rede de bibliotecas das escolas públicas de Galicia. 

Detrás das persoas que falan nos vídeos pódese apreciar o cartaz creado por alumnado do Bacharelato artístico e presentado pola súa profesora, Águeda.  Pola súa banda, a profesora de Lingua e Literatura Galega, Teresa Escariz, leu en voz alta a biografía de Marie Curie. Para completar o retrato desta muller senlleira e da súa época unha alumna de Bacharelato, Elena Rodríguez Ouviña,ofreceunos unha interpretación ao violín do Concerto nº2 de Henryk Wieniawsky.

(Para ampliar os vídeos, fai clic para reproducir e despois preme no logo de Youtube)

A axenda desta xornada de presentación estivo centrada na faceta máis íntima e persoal de Marie Curie cunha lectura pública de varios fragmentos do seu diario, escrito entre 1906  e 1907 que reflexa o dó polo pasamento do seu home, Pierre Curie. A lectura faise en varias linguas: o francés, lingua orixinal na que ela escribíu o texto, o galego, o castelán, o portugués, o euskera,  o alemán, o inglés, o italiano e por último o valenciano. Esa mesma tarde o un membro do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Xela, e máis un profesor que ata o ano pasado formou parte do mesmo departamento, Manuel Chouza, deron unha charla ao alumnado de ciencias de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º Bacharelato co título Contra o ninguneo das mulleres científicas impúxose Marie Curie

                       

Durante esta mesma semana o alumnado de Cultura Científica de 4ºESO preparou unha charla destinada ao alumnado de 3ºESO sobre a contribución á ciencia de 18 mulleres científicas. Ademais de pasar polas aulas de 3ºESO deixaron as fichas destas 18 mulleres nunha exposición no primeiro andar do noso centro.

Podes seguir con máis detalle as actividades da semana das ciencias no blog de Bibliomalveiras premendo nas seguintes ligazóns:

CONCEDIDA A CARTA ERASMUS 2014-2020 AO NOSO INSTITUTO

A Comisión Europea ven de conceder ao IES Miguel Angel González Estévez a Carta Erasmus de Educación Superior 2014-2020. Toda a comunidade educativa verase favorecida por esta concesión, o que é motivo de satisfacción para todos nós. Queremos agradecer a todas as persoas implicadas neste proxecto o seu  esforzo para acadar esta Carta Erasmus que amplía as posibilidades de formación do noso alumnado. Parabéns a todos e todas.


Os centros de educación superior [...] deberán contar cunha Carta Erasmus de Educación Superior para solicitar e poder participar na mobilidade persoal vinculada á aprendizaxe e/ou na colaboración en materia de innovación e boas prácticas no marco do Programa.

http://www.sepie.es/

(Clic na imaxe para ampliar)

MARIE CURIE ENCHE BIBLIOMALVEIRAS DE CIENCIA

Con motivo do 150 aniversario do nacemento de Maria Salomea Sklodowska, coñecida como Marie Curie, Bibliomalveiras preparou moitas actividades para a dar a coñecer no noso centro educativo esta figura tan importante do ámbito científico. E non só desde a súa faceta científica da que se encargará profesorado e alumnado de ciencias senón tamén como ser humano a través da lectura do deu xornal íntimo e dunha exposición de documentos persoais.

Para mostra un botón:  velaí a fermosa imaxe do cartaz que luce na entrada do instituto realizado polo alumnado de Artes. Seguiremos atentos ás actividades desde o blog de Bibliomalveiras.

O TSAAFD FAI AQUAPILATES

O aquapilates é unha actividade que está dirixida á rehabilitación postural dinámica, fundada nos principios do método Pilates con adaptacións especiais para ser realizada no medio acuático. Búscase un equilibrio entre tonificación é estiramento centrándose na mobilización xeral do corpo, a estabilidade e o reforzo e reequilibrado das grandes cadeas músculo-esqueléticas. É axeitado para todo o mundo pero está especialmente recomendado para aquelas persoas que queiran evitar os desequilibrios posturais, para previr as lesións na práctica deportiva e para quen teña que afrontar unha reeducación ortopédica.

Dada o enorme interese que esperta esta modalidade de actividade física o alumnado do ciclo superior dedicoulle unha intensa sesión que comprendeu tanto teoría como práctica. Podes velo en acción facendo clic no álbum de fotos.

VER ALBUM DE FOTOS 

OBRADOIRO DE PERCUSION

O pasado venres 27 de outubro, recibimos no instituto a Didier Díaz. Realizou un taller de ECOPERCUSIÓN co alumnado de 4ºESO, 1ºBTO e 2ºBTO que cursan as asignaturas de: música, linguaxe e práctica, análise e artes escénicas. Aprenderon ritmos básicos de batucada e conseguiron soar coma un grupo casi profesional. Bravo por eles e elas!!!

VER ALBUM DE FOTOS

ANDAINA DO TSAAFD

Como ven sendo habitual tódolos anos, os dous grupos de Tsaafd fixeron unha actividade conxunta na primeira semana de curso, concretamente o dia 27 mércores.O obxectivo é axudar a  profesores e  alumnos a coñecerse por medio dunha actividade física. Este ano fixeron 20 km bordeando a costa na Illa de Arousa.Fixo bo tempo e o ritmo foi axeitado. Os profes acompañantes foron Borja, Teresa, Luís e Conchi.

(Para ampliar, clic na imaxe)

VER ALBUM DE FOTOS

fundacion GLORR (non borrar)

COMEZO DE CURSO DO CICLO SUPERIOR

O alumnado do Ciclo Superior en Técnico Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TSAAFD) queda convocado á xornada de presentación o MÉRCORES 20 DE SETEMBRO co seguinte horario:

  • Alumnado de 1º curso => 11h00
  • Alumnado de 2º curso => 12h00

BAREMACIÓN DAS OFERTAS PRESENTADAS PARA ADXUDICACIÓN DA CAFETERÍA

O día 10 de xullo rematou o prazo de presentación de ofertas para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería neste centro docente por un período comprendido entre o 01/09/2017 ata o 31/08/2018. Esta é a relación de ofertas presentadas e a súa valoración:

Relación de ofertas Baremo das ofertas presentadas

 Nota: O prazo de alegacións estará aberto entre o 14 e o 18 de xullo e deberán ser presentadas perante a dirección do centro.

ABERTA CONVOCATORIA PAR A ADXUDICACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA

Para ler as condicións e o procedementos de adxudicación vostede debe ler os documentos seguintes: 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut