Skip to Content

2017-18

O BACHARELATO PARTICIPA NO PARLAMENTO XOVE

Por primeira vez o noso centro participa cun grupo de debate no Parlamento Xove.

Parlamento Xove trátase dunha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. Realizarase en dúas fases: unha clasificatoria da que xurdirán oito equipos gañadores que se enfrontarán nunha segunda fase: a final. Paralelamente a elo, os equipos poderán entregar artigos de investigación que contarán cun premio especial ao mellor documento.

http://www.parlamentoxove.com

 

Este certame que xa vai pola súa novena edición propón un tema de debate para cada fase. Os día 2 e 3 de marzo un grupo de 1º de Bacharelato formado por Brais González Herraez, Ismael Fontán Pérez, Yaiza Torrado Loureiro e Rubén Villanustre Loureiro pasou a primeira rolda que tiña como tema "A educación ambiental nos centros educativos significaría evitar incendios como os acaecidos en outubro de 2017 en Galicia?". Podes consultar as táboas de clasificación aquí. 

Sabemos que é unha boa oportunidade de aprender a buscar e a seleccionar a información e utilizala despois para facer argumentacións razoadas traballando en equipo e respectando sempre as ideas dos demais. Animamos aos nosos participantes a que sigan traballando para a seguinte fase que se celebrará o 4 e o 5 de maio co tema: 

"A experiencia acumulada nun ano sabático pode ser de gran axuda para orientar os intereses académicos e laborais da xuventude europea antes de que inicien a súa etapa universitaria: ¿debería existir un plan de financiamento europeo destinado a tal fin?"

O TSAAFD RECIBE A DOUS REPRESENTANTES DO PRINCESA LETIZIA

 Amencer-Aspace naceu no ano 1991 como unha asociación de familias de rapazas e rapaces con parálise cerebral e actualmente ten a súa sé no Centro de Atención Integral Princesa Letizia de Vilagarcía. A el  acoden nenos/as e rapazada nova de toda a comarca del Salnés (Cambados, a IIla de Arousa, Vilagarcía, Caldas de Reis, Moraña, A Estrada, etc.) con parálise cerebral ou outros transtornos neuro-motores. 

Precisamente dous representantes do centro estiveron no noso instituto en Carril e fixeron un achegamento  ao alumnado do TSAAFD que os acollera este ano por primeira vez en Marzo sen Fronteiras.

ALBUM DE FOTOS

O TSAAFD VISITA O CENTRO SAIAR

Na mañá do martes 20 de febreiro o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior (TSAAFD) e mailos seus profes Borja, Luis e Conchi, foron de visita a SAIAR, o único centro ocupacional galego que é público, baixo a titularidade da Xunta de Galicia.

Nos obradoiros de carpinteria, cesteria, enmaquetacion, xardineria e xoieria aprendemos a traballar  xunto co alumnado do centro . Foi unha mañá verdadeiramente moi enriquecedora tanto polos contidos traballados como polo que aprenderon do alumnado e do profesorado de Saiar de cara ao evento Marzo sen Fronteiras, que se celebrará o 21 de Marzo no que participará o alumnado de SAIAR xunto con outros catro centros.Agradecemos coma sempre a predisposicion da sua directora Pili Montaña que ano a ano nos recibe dun xeito agarimoso.

VER ALBUM DE FOTOS

ENTROIDO 2018!

Que viva o entroido! Xa están publicados fotos e vídeos do entroido 2018. Para entrar a ver todo este material preme nestas ligazóns:

ALBUM DE FOTOS

VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS:

1ª PARTE

Actuacións

1-2

 

2ª PARTE

Actuacións

3-4

3ª PARTE

Actuacións

5-6

4ª PARTE

Actuacións

7-8

5ª PARTE

Actuacións

9-10

6ª PARTE

Actuacións

11-12

7ª PARTE

Actuacións

12-13

8ª PARTE

Actuacións

14-15

9ª PARTE

Actuacións

15-16

10ª PARTE

Actuacións

17-18

11ª PARTE

Actuacións

19-20

 

PARTICIPA E GAÑA NOS CONSCURSOS DE ENTROIDO E DE SAN VALENTÍN

Como cada ano por estas datas quedan convocados os concursos de sobremesas de entroido e o concurso de cartas de amor que agora xa non é en catro linguas senón en seis:  Castelán, Francés, Galego, Grego, Inglés e Latín. Nas bases que quedan aquí publicadas está todo o que debes ter en conta para poder participar e gañar nestes certames. 

PARTICIPA E BOA SORTE!

CONCURSO DE SOBREMESAS DE ENTROIDO                       CONCURSO:  AMOR EN 6 LINGUAS

                      

 

O ALUMNADO DE FRANCÉS CELEBRA A FESTA DA"CHANDELEUR"

Cada 2 de febreiro celébrase a festa da Chandeleur en Francia (a Candelaria en España). Esta festa inicialmente de orixe relixiosa foise volvendo pouco a pouco unha xornada na que as familias se xuntan a facer e comer crêpes.

O alumnado de francés tamén preparou o amoado e probou a elaborar por si mesmo a súa propria crêpe. O arrecendo era incrible e as crêpes estaban deliciosas. Podedes ver aquí o album de fotos.

ALBUM DE FOTOS

UNHA CLASE DIFERENTE PARA O TSAAFD

O 2 de febreiro ás 8 da mañá o alumnado de 1º do ciclo superior TSAAFD tivo unha clase diferente. Utilizando materiais de esvaramento non habituais o alumnado estivo traballando o equilibrio nas aulas de patinaxe. "Moi divertido e enriquecedor" - afirmou profesorado e alumnado. Velaí quedan estas imaxes testemuñas da actividade.

VER ALBUM DE FOTOS

ENCONTRO DE 2º DA ESO CON VARIOS EX-PARLAMENTARIOS GALEGOS

Polo Día da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, catro ex-deputados da nosa comunidade autónoma viñeron ao instituto de Carril para explicar o funcionamento do parlamento de Galicia , institución fundamental do noso sistema democrático. 

Os nosos visitantes de honra, Rosa Oubiña Solla (PP de G), Xulio Pardellas de Blas (PS de G), Francisco Durán Trigo (BNG) e Juan Manuel Fajardo Recouso (Alternativa Galega de Esquerdas), tiveron tamén tempo para responder ás preguntas do alumnado que amosou un gran interese.

A actividade estivo organizada por Bibliomalveiras e mais o profesorado da materia de CC.SS. e de Oratoria para amosar ao alumnado un exemplo de resolución de conflictos mediante o debate e a toma de decisións consensuada sen recurrir nunca á violencia.

Para obter información detallada desta actividade podes visitar o blogue de Bibliomalveiras.

Xulio Pardellas Juan Manuel Fajardo Rosa Oubiña Francisco Durán

SEMANA BRANCA 2018

Xa está á vosa disposición o album de fotos da "Semana branca" do 2018.

  • Alumnado:  TSAAFD.
  • Datas:        Do 20 ao 27 de xaneiro do 2018.
  • Lugar:        Estación de GrandValira,  Andorra

VER ÁLBUM DE FOTOS

CHARLA PARA O TSAAFD DA DIRECTORA DO CENTRO "BATA"

O alumnado do TSAAFD asistíu hoxe, 30 de xaneiro, a unha charla de YOLANDA HERAS, directora de BATA. Este centro ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas cons transtornos do espectro autista (TDH) e das súas familias.
 VER ALBUM DE FOTOS
 
Desde hai anos colabora co ciclo nos  módulos de segundo curso:  Actividades Fìsicas para persoas con Discapacidade e  Proxecto Integrado .  Ademais participa no evento MARZO SEN FRONTEIRAS, xunto cos otros catro centros de educaciòn especial. E todos eles e nós, co proxecto MARZO SEN FRONTEIRAS, temos como obxectivo promover a inclusiòn desta persoas con discapacidade como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria. Este ano estamos traballando desde principio de curso nese proxecto para o que xa temos data e lugar: o 21 de marzo en Fexdega.
(Preme nas imaxes para amplialas)
 
Distribuir contido


by Dr. Radut