Skip to Content

2017-18

CHARLA PARA 2ºESO: OS ESTIGMAS DOS TRASTORNOS MENTÁIS

O pasado 6 de abril  dúas estudiantes de psicoloxía da Universidade de Santiago, Elena Eiras, ex alumna do noso centro, e Laura Ferradanes, asistiron ao instituto como voluntarias do proxecto Mind the Mind  para impartir un obradoiro aos rapaces e rapazas de segundo da ESO coa finalidade de acabar cos estigmas dos trastornos mentáis.

"Añadiríamos que la experiencia fue muy buena gracias a que los alumnos fueron muy participativos y respetuosos. Y que el trato por parte del centro fue de diez. Nos agradó un montón que los estudiantes estuvieran tan atentos y motivados y esperamos volver a colaborar con el instituto".

(Clic na imaxe para ampliala) 

O 1º DE TSAAFD FAI UNHA RUTA EN BICI POLA ILLA DE AROUSA

O alumnado de 1º de TSAAFD  fixo hoxe, 5 de abril, unha ruta en bici. O percorrido foi de Vilagarcía a Vilanova , deron a volta a toda Illa de Arousa a rentes do mar e por último volveron a Vilagarcía.

Unha ruta moi bonita que  permitiu ao profesorado e ao alumnado do ciclo superior acoñecerse mellor entre eles, facer exercicio e prepararse para unha saída moito mais longa que farán dentro duns meses.

ALBUM DE FOTOS 

AS BOOKTUBERS DO CLUB DE LECTURA "TIRA DA PÁXINA"

As integrantes do club de lectura Tira da páxina acaban de publicar o que esperan sexa o primeiro de moitos vídeos nos que comentarán a súa experiencia de lectura de obras seleccionadas. Nesta ocasión tócalle o turno a Mil soles espléndidos de Khaled Hosseini, autor afgano residente nos Estados Unidos. 

MARZO SEN FRONTEIRAS 2018

O 21 de marzo deste ano celebrouse no recinto feiral de FEXDEGA unha nova edición de MARZO SEN FRONTEIRAS. Trátase dun proxecto integrado no que o alumnado do 2º curso do TSAAFD ten que planificar e executar este evento: busca de finanzamento, preparación de actividades e de materiais necesarios, cartelería, etc. Os coordinadores do proxecto son dous profesores do ciclo, Conchi Pérez e Luís Garrigós.
Hai que destacar este ano a colaboración da asociación Cans de familia, o que permitíu levar a cabo un obradoiro de terapia con cans. Ademais, os asistentes puideron disfrutar das actuacións en directo de Dani Barreiro & friends e dun grupo de alumnos e alumnas de música de 4ºESO do noso instituto. Ademais hai que citar ás empresas da localidade que fixeron donacións para o avituallamento. O noso agradecementos para estes colaboradores desinteresados. Tamén o noso agradecemento a Diego Alcaine e a Chuli de Foto Merchi polas fotos e vídeos que compartimos.
Lembremos que este ano 2018 o proxecto acadou un premio da Unión Europea concedido pola súa innovación nun campo tan complexo como é o da inclusión de persoas con discapacidade.
Queda aquí á vosa disposición un album de fotografías  que dan fe do evento e os vídeos disponibles na rede. 

Video de Arousa.Tv 
 

 Vídeo de La Voz de Galicia
Notas de prensa; 


  • Antes do evento:
 
 
  • Despois do evento:


FARO DE VIGO. EDICION AROUSA:
 
Revista GARATUXA do CEE

INTERCAMBIO CON FRANCIA 2017-18: BRETAÑA

Os nosos carrilexos de intercambio xa chegaron sans e salvos da súa extraordinaria viaxe a Francia. Foi unha aventura colectiva pero tamén moi persoal que quedará marcada na memoria dos e das participantes por moito tempo. O intercambio comezou o día 9 de marzo cando un grupo de 48 alumnos e alumnas do instituto do Carril, do IES Armando Cotarelo Valledor e do IES Fermín Bouza Brey. subiron no autobús. A acollida do collège La Roche aux Fées de Retiers foi magnífica e esperamos estar á altura cando nos toque a nós recibilos.

No programa da viaxe estaba como primeira etapa a visita da duna do Pyla, cerca de Burdeos, e a da cidade de Nantes. Posteriormente, visitaron diferentes lugares emblemáticos de Bretaña relacionados co tema central deste intercambio: o mar e a terra. Entre eles podemos citar o acuario de Le Croisic, unha panadaría e unha granxa ecolóxica, Fagots e froment, o bosque de Brocéliande, berce das lendas artúricas e das fadas Viviana e Morgana e do mago Merlín, unha granxa de ostras en Cancale ou unhas salinas en Guerande. Non podían faltar as visitas do Mont Saint- Michel e de Rennes, capital de Bretaña.

Pero o tempo non deu para máis e unha vez rematada a estadía en Bretaña o grupo viaxou ate París onde tivo a sorte de percorrer diferentes puntos da cidade que son xa símbolos universais. O último día en Francia estivo dedicado a Disney nunha xornada chea de ledicia para todo o grupo. A volta á casa foi vivida con emoción a pesares do cansancio. 

Esta experiencia completa de inmersión lingüística coñecerá a súa continuación no mes de setembro, esta vez en Galicia. 

Se queres ler os comentarios e as impresións do alumnado durante a viaxe podes entrar no blog de francés. Se só queres ver fotos da viaxe abre o album de fotos.

ALBUM DE FOTOS

Tamén podes ter a visión do outro lado visitando o sitio web do collège La Roche aux Fées.

Estes videos cruzados entre os rapaces galegos e bretóns ao día seguinte da despedida dan unha idea bastante boa do clima que se creou entre os participantes.

 

DÍA DA ÁRBORE: COLABORAMOS CO COLECTIVO "COUSA DE RAÍCES"

Polo día da árbore (21 de marzo) o colectivo Cousa de raíces, formado por numerosas asociacións, empresas e agrupacións, empredeu unha iniciativa para celebrar esta data tan especial  dirixida aos centros educativos a todas as persoas que quixeran colaborar. O obxectivo final da mesma era a defensa o monte galego.

A colaboración do noso instituto, o mesmo que a de outros centros e ensino galegos, deu como resultado unha curta que reivindica o valor do noso monte. Un grupo de alumnas e alumnos de ciencias en colaboración co profesorado desa materia foi o encargado de presentar esta proposta visual.

CURSO DE RCP PARA O SEGUNDO CICLO DO TSAAFD

O dia 12 de marzo o profesorado de TSAAFD, como todos os anos, organizou un curso de Reanimación Cardio-Pulmonar (RCP) para os seus alumnos de segundo de ciclo e gracias a el acadan o titulo de manexo de DESA e de RCP.

O persoal do servicio de urxencias do Hospital do Salnés que colabora desde hai máis de 10 anos nesta preparación fai unha labor moi interesante, necesaria e altruista pola súa parte pola que estamos moi agradecidos.

ALBUM DE FOTOS

    

 A nova na prensa: 

SORRISOS TRANSFORMADORES NO BACHARELATO ARTÍSTICO

O biscaíño, Ekai Lersundi, cansou dos impedimentos que lle poñían para cambiar o seu xénero biolóxico polo xénero do que se sentía. Ela falou cos seus pais para intentar arranxar a súa documentación xa que esta non se correspondían coa súa verdadeira identidade. Desgraciadamente sufríu acoso escolar debido a que alumnado e profesorado do seu centro educativo non estaba sensibilizado coas súas circunstancias. Aos seus 16 anos suicidouse en Ondarroa, Biscaia debido a cambios da pubertade que non foron tratados con anterioridade para conseguir o seu máximo desenvolvemento sen danar o seu organismo.

O noso curso de bachalerato artístico, no que ela ía matricularse o ano que ven, asistíu a una charla a favor da aceptación transexual, na mesma data que esta rapaza decidíu quitarse a vida.

VER ALBUM DE FOTOS

MANIFESTO POLO 8 DE MARZO DO 2018

 O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Por este motivo, nun acto solemne que fixemos na entrada principal durante o recreo, as alumnas Iria López González, Sara Mosteiro Otero e Alejandra Rubianes González leron diante de toda a comunidade escolar un manifesto que representa o sentir das rapazas e repaces do noso centro educativo. O texto foi creado de xeito colaborativo por Elena Oubiña, Nerea Fernández e María González. Para saber mais sobre as actividades do dia da muller mira no blogue de Bibliomalveiras.

As mulleres reclamamos un mundo sen violencia e o dereito a vivir unhas vidas libres nun mundo máis xusto.

Hoxe o 100% do poder eclesiástico é dos varóns, mais 90% do poder económico é dos varóns, e mais do 80% do poder político está en mas de varóns. O mundo é inxusto e desigual.

Por iso mulleres de todo mundo loitan pola igualdade e a xustiza.

Por iso se conmemora cada ano o 8 de marzo, data que lembra ás traballadoras do textil que en 1911 foron asasinadas nun incendio da fábrica na que traballaban por loitar polos seus dereitos laborais. Este ano, 2018, ademais no 8 de marzo viviremos Un Paro Internacional de Mulleres, para reivindicar o mundo no que queremos vivir:

Un mundo onde as tarefas de coidados sexan unha responsabilidade de toda a sociedade, valorizando o traballo invisibilizado das mulleres, construíndo redes, apoios e estratexias vitais en contextos dificiles e de crises.

Un mundo onde non existan as violencias económicas, onde deixemos atrás o empobrecemento das mulleres, onde non existan diferenzas salariais cos varóns ,

Queremos un mundo onde as mulleres non sexamos tratadas como obxectos sexuais e onde os estandares estéticos non sexualicen a nosa indumentaria e os nosos movementos.

Un mundo onde todas poidamos ser LIBRES: dispoñer e gozar en liberdade do noso tempo, DO NOSO CORPO, SEN MEDO NA RÚA, SEN MEDO NA CASA.

Un mundo Onde a nosa VOZ teña o mesmo valor ca voz de calquera home, onde non sexamos sempre sospeitosas de mentir. Un mundo no que non se nos condene ao SILENCIO.

como cada ano

CELEBRAMOS, ESTE 8 DE MARZO

NESTE CENTRO

EN CARRIL

CON TODAS AS MULLERES DO MUNDO

PORQUE O MUNDO TAMÉN É DAS MULLERES

SE AS MULLERES PARAMOS, PARA O MUNDO

 

 

 

 

GAÑADORAS E GAÑADORES DE AMOR EN SEIS LINGUAS

Xa entregamos os premios do concurso de cartas de amor e amizade Amor en seis linguas. O nivel das misivas participantes no concurso foi alto. Podedes ler aquí as cartas selecionadas que levaron un  premio pola súa redacción, polo ben que transmiten os sentimentos ou pola súa orixinalidade.  Para lelas preme nas imaxes. Tamén podes ver as fotos da entrega de premios.

VER ALBUM DE FOTOS

         

As/os gañadoras/es por lingua foron:

  • Lingua galega
    • ESO: Carla Rodríguez Rivas (1ºB)
    • Bacharelato: Amagoia Andujar Mejuto (1ºB)
  • Lingua castelá
    • ESO: Rita Bouzas (1ºA2)
  • Lingua francesa
    • ESO: Oriana Serqueira Ávalos
    • Bacharelato: Brais González Herráez
  • Lingua inglesa: (deserto)
  • Lingua Graga/latina: (deserto)
Distribuir contido


by Dr. Radut