Skip to Content

2022-23

A USC CAMIÑA A VILAGARCÍA

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizará o venres 10 de febreiro no auditorio de Vilagarcía unha serie de actividades encamiñadas a orientar ao alumnado de 2º de Bacharelato nos seus estudios superiores.

Unha mesa redonda, unha conferencia, un seminario sobre os servicios da USC, stands informativos sobre as diferentes titulacións, obradoiros e demostracións completan esta mostra dos estudos superiores ofertados pola universidade de Santiago.

Para obter información detallada preme nesta imaxe:

ENTROIDO 2023

Preme na imaxe para agrandala

INFORMACIÓN ABAU

Información xeral: COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA GALEGA.

Informacións específicas:

 

CALENDARIO 2023

Xa chegou, xa está aquí o noso calendario para este ano 2023! O tema é: Que bonito é vivir ao pé da Ría de Arousa!
Moitísimas grazas ao Departamento de Debuxo, por colaborar con nós un ano máis na realización do calendario, e ao alumnado que fixo os debuxos do mesmo. Que artistas sodes!! Marabilla!

 

Preme nas imaxes para agrandalas

COMPARTE AS TÚAS LECTURAS

Animádevos a escribir unha pequena reseña en galego sobre aqueles libros da biblioteca do centro que lerades, ou vaiades ler, e que vos gustasen. Para isto, atoparedes papeliños de cores na mesma. Entre tod@s temos que dinamizar a nosa biblio!

AS FOLIADAS DO 2º TRIMESTRE

CONCURSO-MARATÓN FOTOGRÁFICO EN COMPOSTELA

Esta fermosa fotografía de Gaila González Pillado vén de gañar o premio "IES O CARRIL" do concurso-maratón fotográfico no que participou o alumnado de 3°ESO o pasado 22 de novembro na visita a Santiago de Compostela. Moitos parabéns, Gaila!!!

UN INTRUSO NO MEU CEREBRO

Marta Rial Rodríguez, de 2° ESO B, recibiu o pasado 21 de decembro o 1° premio do concurso "Un intruso no meu cerebro", impulsado por @larprosaludmental. Marta presentou ao concurso unha curtametraxe titulada "A nube" na que reflicte á perfección que un problema mental non nos define e que, con axuda psicolóxica, apoio dos seres achegados e medicación calquera persoa pode levar unha vida normal. Moitos parabéns, Marta, un premio máis que merecido!!!!

 

CONTACONTOS

O 21 de Decembro celebrouse na biblioteca un concurso de contacontos entre o alumnado de 1ºESO, coa intervención especial das profes de galego, que tamén se animaron a participar contando dous contos que nos mantiveron a todos os presentes ben atentos!
Tanto desfrutamos cos contos dos participantes e tan ben o fixeron, que o xurado, formado por un grupiño de alumn@s do Club de Lectura, o tivo moi difícil para dar os premios!
Graciñas a todos por participar, tanto ao alumnado que se animou a contar un conto, coma aos presentadores e ao xurado!

Distribuir contido


by Dr. Radut