Skip to Content

2022-23

TORNEO DE DACHBALL

Para rematar ben o trimestre, o 22 de Decembro a partir das 12:35 realizouse un torneo de Datchball no que participou tanto o alumnado como o profesorado. Que ben o pasamos! Haberá que repetir no segundo trimestre con outro deporte. Asegurámosvos que os profes volveremos ir por todas!!

AS FOLIADAS DO 1º TRIMESTRE

Os martes 8 de Novembro e 20 de Decembro houbo foliada no noso instituto. Que ben o pasamos sempre e que canteira tan marabillosa temos!! Graciñas a tod@s por participar e animarvos a compartir un ratiño xuntos!

 

MAGOSTO 2022

O día 11 de Novembro a partir das 12:35 celebrouse no instituto o noso tan querido Magosto. Houbo castañas, bolos preñados e festa, moita festa. Para o ano teremos que repetir, non si?
O EDLG aproveitou tamén para dar os agasallos ás cabazas premiadas no concurso do Samaín! Noraboa a tod@s!

OBRADOIRO DE REGUEIFAS 2022

Os días 26 de Outubro e 11 de Novembro, o alumnado de 4ºESO participou na biblioteca do centro nun Obradoiro de Regueifas, organizado pola Asociación O.R.A.L de Galicia e financiado pola Deputación de Pontevedra, da man de Guadalupe Blanco.
Que ben o pasaron. Moitísimas grazas!

SAMAÍN 2022

1. Concurso de cabazas.
Aquí vos deixamos as cabazas participantes no concurso deste ano. Que traballazo por parte da nosa rapazada!



2. Actividade co Club de Lectura.
O venres 28 de Outubro estivemos aprendendo cousiñas da tradición galega, moi relacionadas coa celebración do Samaín, en compañía dos membros do Club de Lectura.



3. Disfraces e clases decoradas.
Aquí tedes á clase de 3ºESO A decorando a súa aula e máis a un grupiño de alumn@s que se animou a vir disfrazado polo Samaín.

 

 

AS FOLIADAS DOS MARTES NO IES O CARRIL

O martes 4 de Outubro deron comezo as foliadas deste primeiro trimestre. Aquí vos deixamos uns vídeos que amosan, non só o ben que o pasamos, senón tamén a pedazo canteira que temos no noso instituto!!

CALENDARIO 2023

Queremos facer un calendario anual e necesitamos da vosa axuda. Dende o EDLG animámosvos a facer un debuxo que acompañe a cada mes do ano. Como vedes no cartel, o tema deste ano é Que bonito é vivir ao pé da ría de Arousa! O debuxo deberá facerse en horizontal e a data de entrega será o 30 de Novembro.

SAMAÍN: CONCURSO DE CABAZAS

Deixade a cabaza acompañada dun papeliño co voso nome e curso.

horarios atención ás familias 22-23

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A DIGITAL WEEK

Os documentos anexos inclúen información sobre:

  • horarios
  • actividades
  • normas académicas e de convivencia
  • recomendacións (roupa, alerxias,...)

Tamén conteñen formularios a rechear polas/os nais/pais/titoras/as do alumnado participante.

É necesario informarse ben con todos estes documentos.

Distribuir contido


by Dr. Radut