As instalacións do IES Macías O Namorado, albergaron a xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero (MLC), na que o centro participa activamente e está representado a través de dous docentes do Departamento de Orientación e a FP Dual.
A MLCe nace no 2020 co obxectivo de canalizar os esforzos e recursos das diferentes institucións de cara a prevención e loita contra a violencia machista. A súa natureza de carácter interistitucional facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes entidades e colectivos sociais que interveñan no territorio.
Neste órgano participan a Garda Civil, a Policía, os Bombeiros, os centros educativos do concello padronés, e diversos respresentantes de asociacións culturais e clubes do Concello; ademáis do Centro de Información da Muller; ata un total de vintecinco integrantes
A Mesa está promovida polo Centro de información da Muller (CIM) do Concello de Padrón. Entre os puntos mais salientables da orde do día, destacan a presentación dos novos axentes que se incorporaron a Mesa, a presentación das propostas acordadas na sesión anterior e sobre todo presentación e acordos sobre diversas propostas de actividades para os próximos meses que inclúen: encontros interxeneracionais entre avós e adolescentes, formación para a comunicación non violenta nas redes sociais, uso responsable das tics, visibilización de mulleres compositoras e un Cinefórum sobre igualdade de xénero.
Na reunión participou ademáis o Alcalde de Padrón, D. Anxo Rei Arca que comunicou a vontade da corporación de colaborar económicamente a través dos presupostos municipais.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
WhatsApp Image 2024-01-26 at 11.50.31.jpeg | 40.97 KB |