Skip to Content

Nova data e lugar para a charla sobre o uso das tecnoloxías en adolescentes

O próximo mércores 19 de xaneiro de 2022, en horario de 18:30 h a 20:30 h, celebrarase unha charla sobre o uso das novas tecnoloxías en adolescentes, dirixida ás familias do alumnado dos centros de ensino secundario de Padrón.

Terá lugar no Salón de Actos do IES Macías o Namorado.

IMPORTANTE!

Animamos a todas as familias que teñan posibilidade a asistir a esta xornada, para o que será imprescindible entregar cuberto o documento de confirmación de asistencia en conserxería (entregarase nos días previos á charla, preferentemente o luns como máximo, a través dos seus fillos/as).

AdxuntoTamaño
Captura de pantalla 2022-01-17 a las 14.31.50.png157.77 KB