Á Comunidade Educativa:
Durante o presente mes de Novembro vaise levar a cabo a renovación parcial do Consello Escolar de acordo co calendario aprobado pola Xunta Electoral e que está exposto no taboleiro do Centro.
Datas a ter en conta para as eleccións:
CANDIDATURAS
- Presentación de candidaturas: do 9/11/2022 ao 16/11/2022, ambos os dous inclusive, de
10:00h a 13:00h, na Secretaría do centro.
- Proclamación de candidatos/as: 17/11/2022
- Reclamacións: 18 e 21 de novembro de 2022
- Proclamación definitiva de candidatos/as: 22/11/2022
VOTACIÓNS
- Votación do profesorado: 29/11/20212 nos dous recreos
- Votación de alumnado: 29/11/2022, durante a mañá polas aulas
- Votación de pais/nais: 29/11/2022, de 17:00h a 19:00h
- Votación PND: 29/11/2022 de 14:00h a 15:00h
- Proclamación dos candidatos/as electos/as: 30/11/2022
Pode presentar a súa candidatura calquera membro da comunidade escolar. Tendo dereito a presentar a súa candidatura e a votar, tanto a nai como o pai.
Esperamos poder contar cunha elevada participación nos distintos colectivos.