Skip to Content

Criterios de avaliación

A avaliación, mais que un acontecemento puntual, é un continuo que comeza na avaliación inicial do alumnado para coñecer a súa bagaxe cognoscitiva, e que obriga á reflexión frecuente do proceso. Teranse en conta os seguintes instrumentos de avaliación: -          O traballo e a participación na clase.                  Este apartado centrarase nas actividades realizas na aula e na casa. Teranse en conta para a súa cualificación, os seguintes aspectos: * Traballo individual:-   Chamadas de aula (preguntas ao fío do explicado, aclaracións solicitadas polo docente…)-   Tarefas indicadas polo profesor na aula (exercicios  prácticos e preguntas teóricas, redaccións…)-   Tarefas encomendadas para casa. Os traballos non realizados valoraranse negativamente.-   Caderno de clase, no que, ademais da realización das actividades, valorarase a autocorreción das mesmas a partir das explicacións do profesor, a organización, a orde, a limpeza.-   Exposición de traballos. * Traballo en grupo:-   O alumno, como integrante do grupo, deberá mostrar coñecemento en cada un dos aspectos tratados no traballo, aínda cando as tarefas teñan sido distribuídas entre os membros do grupo. * Actitude:-   A participación activa, coherente e voluntaria.-   O respecto ao profesor e aos compañeiros.-   A utilización adecuada de tonos e vocabulario.-   A atención as explicacións do docente e ás preguntas e exposicións dos compañeiros.-   O esforzo persoal.        Este apartado será cualificado co 20% da nota global. -          Probas específicas, orais ou escritas, sobre contidos parciais ou globais.                  Nestas probas o alumno deberá manifestar non só uns coñecementos mínimos, senón tamén unha correcta utilización da lingua sen  graves problemas de expresión, puntuación, ortografía e presentación. Nestas probas poderán incluírse comentarios ou análise de textos nos que se valorará a correcta lectura, comprensión e estruturación do texto que se comenta así como a súa capacidade de síntese. Asimesmo comporase dalgunhas preguntas de carácter teórica que suxiran a asimilación de determinados aspectos tratados na materia.                 Cada falta de ortografía contida nas probas escritas restará 0,10 puntos.                 Para poder optar ao aprobado ao alumno deberá obter nestas probas unha nota mínima de 4. Este apartado será cualificado co 60% da nota global.  -          Probas de lectura Realizaranse seis lecturas anuais. O alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 en cada unha das lecturas indicadas polo profesor. Este apartado será cualificado co 20% da nota global.A cualificación final será a suma destes criterios.                 Para aqueles alumnos e alumnas que non superen os obxectivos previstos durante o curso, levarase a cabo unha proba extraordinaria nos primeiros días de setembro.



book | by Dr. Radut