Skip to Content

curso23_24

Nesta sesión construímos un aparello que nos permitiu observar como a luz se comporta como unha onda electromagnética formada polas diferentes lonxitudes de onda das sete cores do arco da vella: un espectroscopio. Unha boa oportunidade para presentarlle ao noso alumnado ao gran Isaac Newton.

E se imos traballar coa cor, que mellor maneira de empezar que poñendo de manifesto que a luz branca está formada por unha combinación de cores. Nesta práctica o alumnado participante fabricou un prisma de auga e observou as bandas de cores que xorden cando a luz atravesa a auga e sae pola superficie.

 

Volve con moitas gañas o Club de ciencia! Este ano as actividades xirarán arredor do Proxecto “A ciencia a través da cor”, un fío condutor que nos servirá de oportunidade para ver a beleza da ciencia e a ciencia de moitas manifestacións artísticas. Os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, dos Ciclos da familia de Química e de Educación Física traballarán colaborativamente para que o alumnado participante poida coñecer moitos aspectos científicos destas disciplinas a través dunha propiedade como a cor. EMPEZAMOS!!

Distribuir contido


by Dr. Radut