Skip to Content

curso22_23

CROMATOGRAFÍA EN PAPEL

Nesta práctica o alumnado fixo unha separación de pigmentos utilizando follas de espinaca. Logo da extracción dos pigmentos, puideron observar como se desprazaban sobre un papel de filtro ata que  quedaban separados a distintas alturas.

ÓSMOSE EN OVO E EN OSIÑOS DE GOMINOLA

Nesta práctica estudamos como ten lugar o proceso osmótico a través da membrana do ovo de galiña. Para iso eliminamos a cáscara do ovo con vinagre. A continuación, somerxemos un ovo en auga destilada e o outro nunha disolución saturada de sal. Pesamos cada ovo antes e despois de introducilos nas correspondentes disolucións, tomando nota e interpretando os cambios que sucederon en cada un deles. Fixemos o mesmo con osiños de gominola.

ARCO DA VELLA DE DENSIDADES

O alumnado do Club de ciencia traballou os conceptos de miscibilidade e densidade de diferentes líquidos creando unha columna de líquidos de diferentes cores. Desfrutaron tanto do proceso como do resultado final.

FACENDO ESTALACTITAS

Ademais de experimentar co concepto de materia e os seus estados de agregación, o alumnado aprendeu a preparar unha disolución saturada e puido observar o fenómeno da capilaridade. Un seguimento do proceso ao longo de varias semanas permitiu ver a formación dunhas “falsas estalactitas” que lle chamou atención e, ademais, a aparición dun factor que non estaba previsto como foi a oxidación, acelerada polo sal empregado, dun clip que se empregou como núcleo de cristalización. Unha oportunidade para falar de serendipia!

Distribuir contido


by Dr. Radut