Skip to Content

curso22_23

ENSAIOS DE MATERIAIS

A existencia  no noso centro de ciclos formativos da familia de Química brindoulle a oportunidade ao alumnado do Club de ciencia de participar activamente en prácticas relacionadas coas propiedades de materiais como a madeira (resiliencia) e diferentes aceiros (dureza) e co uso do microscopio metalográfico.

PREPARACIÓN DUN INDICADOR DE pH CON COL LOMBARDA

Con este experimento o alumnado do Club de ciencia achegouse ao concepto de pH e a dúa determinación a través dun indicador. Permitiulle descubrir que moitas substancias naturais, particularmente a col lombarda, permiten determinar o carácter ácido ou básico de substancias cotiás como os refrescos, os zumes, os xabróns naturais e algúns produtos de limpeza.

ECOSISTEMA PECHADO

Con este experimento pretendemos crear e conservar un ecosistema no interior dun tarro, xerando un ciclo da auga no que as plantas proporcionen osíxeno aos pequenos organismos invertebrados e microorganismos que se inclúen nel. O único elemento exterior é a luz solar. O alumnado participou activamente e seguiu con curiosidade a evolución.

CONSTRUÍNDO MOLÉCULAS EN 3D

 O alumnado do Club de ciencia do IES Lucus Augusti construíu moléculas de diferentes substancias orgánicas, previamente elixidas de acordo cos seus intereses. Os aminoácidos L-fenilalanina e L-arginina, a cafeína e a glucosa, o ácido acético, o trinitrotolueno e os alcohois etoxietanol e etilenglicol foron algunhas das seleccionadas.

 Ao remate da actividade fíxose unha exposición nas vitrinas da entrada do centro.

 A actividade desenvolveuse ao longo de varias sesións:

   1ª) Busca de información, elección da substancia e análise e debuxo da molécula a construír.

 Pintado das bolas de porexpan necesarias para cada molécula de acordo co código de cores indicado (vermello o átomo de osíxeno, azul o de nitróxeno e deixouse en branco o hidróxeno); preparación das variñas de madeira para os enlaces.

   2ª) Construción das moléculas e inicio da elaboración dos documentos coa información das diferentes substancias representadas.

     3ª) Creación dos códigos QR vencellados á información de cada substancia, así como da cartela identificativa da mesma, e montaxe da exposición.

Álbum: Sen categoría -> Nasvitrinas

PRESIÓN ATMOSFÉRICA

A través de diferentes experimentos (con globos, velas, vasos de auga...) o alumnado puido comprobar os efectos da presión atmosférica. 

Distribuir contido


by Dr. Radut