Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de centro

Menú que reúne as últimas novas do centro.

SUPRESIÓN DOS AGRUPAMENTOS ESPECÍFICOS

Este curso, por primeira vez desde hai moitos anos, o noso centro non poderá ofertar os agrupamentos específicos para a ESO. Estes agrupamentos tiñan como obxecto darlle aos alumnos con máis dificultades unha atención máis persoalizada, reducindo así en gran medida o fracaso escolar.

Dada a excepcional situación que temos que afrontar, a pesar de dispoñer das aulas que estes anos se destinaron aos agrupamentos específicos, vémonos na obriga de suprimilos ante a falta de dotación de profesorado.

Correo electrónico de alumnado

Ante a posibilidade de que se nun futuro próximo se confine o centro, un grupo ou un alumno, precisamos ter o correo electrónico de todo o alumnado. É tamén o requisito para usar a aula virtual do centro e recibir notificacións.

Tecnicamente, o alumnado menor de 14 anos non debería ter correo electrónico, pero sería desexable. Por tanto, pregamos que se comunique un correo para todo o alumnado de 1º ESO. Se non é persoal, polo menos que sexa o dun representante legal.

Para comunicalo, poden cubrir o seguinte formulario:

http://iesleiraspulpeiro.es/scripts/recollida_datos_alu.php

Retrásase comezo das clases

Publicouse hoxe mesmo na páxina web da Xunta que o curso se vai retrasar unha semana.

Ligazón da nova: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51375/xunta-centros-secundaria-consensuan-adiamento-inicio-curso-aos-dias-23-24-25?langId=gl_ES

Promoción 2ºBAC curso COVID 19-20

DEVOLUCIÓN DE ORDENADORES PORTÁTILES

Pregamos que aqueles alumnos e alumnas que levaron prestados ordenadores do centro para traballar durante o Estado de Alarma o devolvan a maior brevedade posible. Moitas grazas.

Matrícula de calquera materia

Para o vindeiro curso 2020/21 o resto de asignaturas específicas seguen sendo específicas, as materias comúns seguen sendo comúns e as de libre configuración seguen sendo de libre configuración.

Todas as materias anteriormente mencionadas seguen sendo avaliables e tamén contan para a nota media.

O sol segue saíndo polo leste e ponse polo oeste.

 

Entrega de notas

A entrega de notas será o 25 DE XUÑO

HORARIO DE ENTREGA DE NOTAS

    • 10:00
      • 1º BAC A. Alumnado con apelidos da A á I, inclusive. Aula 0.13
      • 1º BAC B. Alumnado con apelidos da A á G, inclusive. Aula 0.16
    • 10:15
      • 1º BAC A. Alumnado con apelidos da L en adiante. Aula 0.13
      • 1º BAC B. Alumnado con apelidos da L en adiante. Aula 0.16
    • 10:30
      • 4º ESO A. Alumnado con apelidos da A á G, inclusive. Aula 0.15
      • 4º ESO B. Alumnado con apelidos da A á M, inclusive. Aula 0.10.
      • 4º ESO C. Alumnado con apelidos da C á O, inclusive. Aula 0.03
    • 10:45
      • 4º ESO A. Alumnado con apelidos da da L en adiante. Aula 0.15
      • 4º ESO B Alumnado con apelidos da P en adiante. Aula 0.10.
      • 4º ESO C. Alumnado con apelidos da P en adiante. Aula 0.03
    • 11:00
      • 3º ESO A. Alumnado con apelidos da A á C, inclusive. Aula 2.07
      • 3º ESO B Alumnado con apelidos da A á García, inclusive. Aula 0.08.
      • 3º ESO C. Alumnado con apelidos da A á I, inclusive. Aula 0.17.
      • 3º ESO D. Alumnado con apelidos da C á P, inclusive. Aula 1.02
    • 11:15
      • 3º ESO A. Alumnado con apelidos da D en adiante. Aula 2.07
      • 3º ESO B Alumnado con apelidos dende González en adiante. Aula 0.08.
      • 3º ESO C. Alumnado con apelidos da L en adiante. Aula 0.17
      • 3º ESO D. Alumnado con apelidos da R en adiante. Aula 1.02
    • 11:30
      • 2º ESO A. Alumnado con apelidos da A ata Campo, inclusive. Aula 1.04
      • 2º ESO B Alumnado con apelidos da C á P,inclusive. Aula 0.04.
      • 2º ESO C. Alumnado con apelidos da C á M, inclusive. Aula 1.07
      • 2º ESO D. Alumnado con apelidos da B á L, inclusive. Aula 2.08
    • 11.45
      • 2º ESO A. Alumnado dende Casaña en adiante. Aula 1.04
      • 2º ESO B Alumnado con apelidos da R en adiante. Aula 0.04.
      • 2º ESO C. Alumnado con apelidos da O en adiante. Aula 1.07
      • 2º ESO D. Alumnado con apelidos da N en adiante. Aula 2.08
    • 12.00
      • 1º ESO A. Alumnado con apelidos da A á D, inclusive. Aula 1.05
      • 1º ESO B Alumnado con apelidos da A á F, inclusive. Aula 2.09.
      • 1º ESO C. Alumnado con apelidos da A á M, inclusive. Aula 0.09.
      • 1º ESO D. Alumnado con apelidos da A ata Parapar incluida. Aula 2.06
    • 12.15
      • 1º ESO A. Alumnado con apelidos da E en adiante. Aula 1.05
      • 1º ESO B Alumnado con apelidos da G en adiante. Aula 2.09.
      • 1º ESO C. Alumnado con apelidos da O en adiante. Aula 0.09
      • 1º ESO D. Alumnado dende Piñeiro en adiante. Aula 2.06

 

ORGANIZACIÓN DA ENTREGA

  • O alumnado só poderá entrar no centro á hora que lle corresponda para recoller o boletín de notas. Dirixirase á aula correspondente, e abandonará o centro ao saír desta.
  • Só poderá permanecer no centro se precisa entrevistarse con algún membro do profesorado; neste caso, e só o alumno ou alumna que queira ter esa entrevista, dirixirase ao departamento correspondente, despois de recibir o boletín de notas, para recibir indicacións de onde debe dirixirse para ter esa entrevista ou no caso de aglomeracións, concertar unha cita en días posteriores.
  • O prazo de presentación de reclamacións remata o luns 29 de xuño ás 14:00.
  • É obrigatorio o uso de mascarilla para todo o alumnado mentras permaneza no centro e deberá facer uso do xel hidroalcólico dispoñible á entrada do centro antes de entrar neste.
  • Só poderá acceder ao centro o alumnado. No caso de que algún membro da familia veña de acompañante, deberá permanecer fóra do recinto escolar.

 

MATRÍCULA

  • O alumnado que aprobe TODAS as materias en xuño, deberá acudir ao centro para matricularse na data que aparecerá no sobre (entre o 1 e 10 de xullo).
  • O día de entrega de notas entregaráselles o sobre de matrícula, onde estará incluido o impreso de matrícula e información coa documentación que deberán aportar.
  • Pregamos a colaboración de todas as familias respectando estas datas e traendo toda a documentación necesaria xunto co impreso de matrícula cuberto, para evitar así aglomeracións.
  • Recordamos que o impreso de matrícula deberá estar asinado por alomenos un dos titores legais, ou os dous no caso de separación ou divorcio dos proxenitores, polo que o día que acudan matricularse poderá facelo o alumno acompañado sólo por un dos seus titores legais.
  • O mesmo día de formalización da matrícula, deberán entregar os libros do fondo. Para a devolución de libros en préstamo da ANPA, contactar con esta.

 

 

Preguntas frecuentes

  • Matrícula:
    • Cando nos matriculamos? Na data que sae no sobre de matrícula
    • Cando collemos o sobre? O día de entrega de notas
    • Cando entregan as notas? o 25 de xuño
  • Fondo libros:
    • Cando devolvemos os libros? O día en que te matricules devolves todos os libros. Se tes que volver en setembro, devólvelos todos en setembro.
    • Cando sabemos se temos libros para o seguinte ano? O 10 de xullo publicamos a listaxe de admitidos DENTRO do instituto, non na web nin no taboleiro da rúa. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Oferta educativa curso 2020-2021

Actualizada a oferta educativa para o vindeiro curso 2020-2021.

 

Prazo de matrícula: do 1 ao 10 de xullo, de 9:00 a 14:00

  • 1º ESO:
    • 1 de xullo: primeiro apelido entre A-G
    • 2 de xullo: primeiro apelido entre I-P
    • 3 de xullo: primeiro apelido entre Q-Z
  • 2º ESO:
    • 3 de xullo: primeiro apelido entre A-J
    • 6 de xullo: primeiro apelido entre K-Z
  • 3º ESO:
    • 7 de xullo
  • 4º ESO:
    • 8 de xullo
  • 1º BAC:
    • 9 de xullo
  • 2º BAC:
    • 10 de xullo

Os irmáns poden matricularse todos á vez no mesmo día.

 

Calquera consulta sobre a matrícula, farase con orientación a través do enderezo  patriciaorientacionleiras@gmail.com ou xefatura de estudos en xefatura.leiras@gmail.com. Deberá incluirse no correo; o nome do alumno ou alumna para o que se fai a consulta, curso no que se vai matricular e teléfono de contacto no caso de precisar que a consulta sexa telefónica ou mesmo no centro, para o que se dará cita previa.

 

Reclamacións 2ºBAC

Distribuir contido


by Dr. Radut