Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Familias

Listado admitidos Seccións Bilingües - Curso 2022-23

Adxúntase o listado de admitidos para o curso 2022-23 para as materias de Tecnoloxía e Dixitalización en 1º de ESO e Tecnoloxía en 2º de ESO.

Admitidos - Tecnoloxía e Dixitalización - 1º ESO.

Admitidos - Tecnoloxía - 2º ESO.

 

Becas para estudos post-obrigatorios

Acaban de saír, este ano con varios meses de adianto, as becas para estudantes de bacharelato de cara ao curso 2022/23.

O prazo de solicitude está aberto entre o 30 de marzo e o 12 de maio de 2022.

 Podes consultar toda a información neste enlace: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-7804

XESTIÓN DAS COMUNICACIÓNS

Para un mellor cumprimento das medidas sanitarias, vémonos obrigados a limitar o acceso ao centro de persoas alleas ao mesmo, familias incluidas.

Por tanto, a atención presencial só se fará con cita previa, ben a través do teléfono do centro 982870419 ou nos seguintes enderezos electrónicos:

xefatura.leiras@gmail.com para asuntos relacionados coa organización docente.

secretaria.leiras@gmail.com petición de certificados, consultas sobre banco de libros etc.

patriciaoreintacionleiras@gmail.com para petición de citas ou consultas coa orientadora.

Para o comunicación cos titores e o resto do profesorado, en breve publicaremos a lista de enderezos electrónicos.

 

Eleccións ó Consello Escolar

O día 26 de novembro, entre as 17:00 e as 19:00, terán lugar as votacións do sector de pais/nais ó Consello Escolar.

 

Máis información sobre o proceso: Circular informativa

Relación de candidatos

Vacacións da constitución

Lembramos que esta semana hai vacacións dende o mércores ata o domingo en toda Galicia. Por tanto, o xoves 7 non hai clase.

 

Podedes ver o calendario de todo o curso no panel esquerdo o tamén nesta ligazón:

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesleiraspulpeiro/?q=node/440

 

Segundo reparto de libros do fondo

O día 15 moitos alumnos quedaron sen libros por non haber suficientes unidades no almacén do centro. O día anterior ó reparto xa foran encargados e chegaron hoxe practicamente todos.

Por tanto, todos os alumnos que o día 15 de setembro xa estabades matriculados, recibiredes os libros o vindeiro luns 25. Como sodes moitos (102), iremos avisando clase por clase, porque en media hora de recreo non vai dar tempo a repartilos todos.

O alumnado que se matriculou despois, recibirá os libros sucesivamente nos próximos días.

 

Listaxe provisional do Fondo de Libros

Publicamos hoxe a listaxe provisional de admitidos e excluídos no fondo libros para o curso 2017-2018.

Na lista de admitidos indícase o número mínimo de libros ó que ten dereito, que poden ser 4 ou 6.

Non podemos saber que libros son en concreto, tan só o número. A lista definitiva dos libros que recibe cada alumno publicarase o 15 de setembro.

 

FOLGA DE TRANSPORTE

HOXE MARTES E MAÑÁ MÉRCORES 21 NON HAI TRANSPORTE ESCOLAR DEBIDO Á FOLGA CONVOCADA NO SECTOR.

Convocatoria do Fondo de Libros

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula o Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2017-18.

 

Podes ver unha páxina resume en PDF no adxunto ó final na noticia.

 

A páxina da xunta coa información é esta: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Distribuir contido


by Dr. Radut