Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Extraescolares

Actividades desenvolvidas parcial ou totalmente en horario non lectivo e fóra das instalacións do centro.

Excursión ao Concello de Quiroga do alumnado de 3º ESO de Relixión Católica

 

O 21 de abril comezamos a visita cun percorrido pola vila de Quiroga facendo a ruta " Arte no ar". Logo encamiñámonos ao Museo Etnográfico Municipal e despois ao Museo Xeolóxico, completando esta visita achegándonos ao Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós, dentro do Xeoparque Montañas do Courel.

Pola tarde dirixímonos ao complexo monumental medieval de O Salvador do Hospital, onde visitamos a Igrexa e admiramos as proporcións do Hospital dos peregrinos, Casa da Encomenda e Casa dos Condes.

Excursión a Quiroga do alumnado de Relixión Católica

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA o 24 de marzo dos alumnos de Relixión Católica de 4º ESO.
Comezmos a visita polo Museo Etnográfico e Museo  Xeolóxico de Quiroga para logo dirixirnos  ao mirador do Xeoparque Montañas do Courel en Campodola.

Para rematar visitamos á  Igrexa de O Salvador do Hospital.

Recepción Erasmus+

Mañá xoves 31 de marzo, recibiremos ao alumnado de Erasmus de Toulousse, Valença do Minho e Todi. Haberá un acto de benvida que emitiremos por YouTube, e a continuación pasarán o resto da mañá connosco.

 

Alumnos do IES Leiras Pulpeiro visitan Madeiras Besteiro (La Voz de Galicia)

Premio Olimpíada Matemática

Este xoves 20 de maio celebrouse no Círculo das Artes de Lugo a final da Olimpiada Matemática Galega na que o noso centro contaba con dous representantes clasificados desde a fase de zona: Nuria Ledo e Martín Casanova.

Nesta versión reducida a causa da pandemia, 25 rapaces e rapazas das 4 provincias chegaron á final despois das fases previas que envolveron a máis de dous centos participantes inicialmente inscritos.

A proba consistía na resolución de 5 problemas que tocaban diferentes ámbitos das matemáticas. Nestes problemas valórase especialmente a creatividade na resolución, a precisión e boa organización nas formulacións e a xustificación dos resultados.

Por primeira vez o noso centro vai contar cun finalista na fase española desta Olimpiada. O alumno Martín Casanova Alonso de 2º da ESO E obtivo o primeiro premio nesta competición e representará a Galicia tanto na proba individual como na competición por seleccións autonómicas que se celebrará o 26 de xuño.

Moitos parabéns a Martín, a Nuria, ao alumnado que participou na fase de zona e a todos/as aqueles/as que día a día vos esforzades por mellorar e superarvos nunha materia tan complexa e abstracta, pero tan fundamental como é a das matemáticas.

Visita CiQUS de alumnado de química de 2ºBAC

Os alumnos do IES Leiras Pulpeiro que cursan a materia de Química de 2º BAC visitaron,  en Santiago de Compostela  o pasado luns 18 de novembro, o Centro Singular de Investigación de Química Biolóxica (CiQUS), acompañados dos seus profesores Belén Villar e José Manuel Traseira.

Os alumnos realizaron o seguinte programa, supervisado polos investigadores do centro: liñas de investigación do CiQUS, equipos  de  instrumentación científica (RMN, cromatografía de gases e líquidos, espectómetros de masas e IR, …), taller de experimentos e demostracións químicas e físicas, ponencia da Química como profesión de futuro e,  finalmente,  os alumnos fixeron eles mismos  no laboratorio unha síntese  dun medicamento: o paracetamol.

A visita, aínda que moi condensada no tempo, resultou moi proveitosa para os alumnos, que se achegaron ao coñecemento da investigación en Química.

Máis fotos aquí: https://photos.app.goo.gl/Ai2rrWs6VytK1SR26

EXCURSIÓN A QUIROGA 3º ESO 2019

 

O Departamento de Relixión Católica levou aos alumnos de 3º ESO ao Concello de Quiroga para coñecer, baixo diferentes ópticas -arqueolóxica, artística e relixiosa-, a pegada que deixaron as distintas culturas na relixiosidade popular.

 

Participación do IES Leiras Pulpeiro nas Xornadas de Xuvenciencia da USC

O noso centro, a través dos profesores do  departamento de Física e Química: Belén Villar, Luis Vázquez e José Manuel Traseira, estiveron presentes nas xornadas de Xuvenciencia para profesores desenvoltas ao longo do presente curso, e que foron organizadas pola USC no campus de Lugo.

Nesta última xornada celebrada o pasado 22 de marzo, estes profesores presentaron o traballo  titulado: “Determinación da lonxitude de onda dun Láser e medida do diámetro dun cabelo mediante Difracción”, recopilando os resultados obtidos nas prácticas de laboratorio polos  alumnos que cursan Física de 2º BAC do noso centro.

Podes descargar aquí o contido do artigo.

FERIA DE LA CIENCIA

22/03/2019 08:30

Excursión a Asturias, Feria de la Ciencia

Visita a Coruña

O departamento de Física e Química levou ao alumnado de segundo a visitar hoxe a Casa das Ciencias e a Domus en Coruña. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut