Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Fondo libros

Novas relacionadas co fondo de libros de texto

Reparto de libros

Xa están listos todos os lotes de libros de 1º e 3º ESO. Sobraron libros, de modo que os que tedes a mensaxe "Pendente das existencias de setembro" podedes vir preguntar.

En 2º e 4º houbo máis solicitudes que libros no fondo, e temos que encargar libros novos. Como repartimos alfabeticamente, os primeiros da lista xa teñen o lote feito. Os últimos deberán agardar a que nos veña o reparto.

  • 1º ESO: todos listos
  • 2º ESO: preparados ata apelido Piñeiro
  • 3º ESO: todos listos
  • 4º ESO: preparados todos ata apelido Pascual sen incluir

Lista definitiva de Libros e Vales do Fondo libros 2020-2021

Xa están publicadas as listas definitvas de admitidos e excluídos.

Quen teña certificado dixital ou chave365, pode consultalo na web de fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Quen non queira usar o modo telemático pode vir ao centro para consultar as listas, que están na entrada, en conserxería.

Os vales de 50€ por material xa están en secretaría e pódense recoller.

Agora mesmo xa están listos para repartir os libros de 1º ESO.

O resto de cursos iremos informando neste mesmo medio.

 

Publicación de admitidos e excluídos en Fondo Libros 2020-2021

Hoxe ás 14:00 sacamos a listaxe de admitidos e excluídos no Fondo Libros para o curso 2020-2021.

Pola Lei de Protección de Datos, non podemos publicar a lista nominal nin na web nin no taboleiro exterior do centro. Pódese consultar por dous medios:

  • Quen fixera a solicitude telemáticamente, pode consultar a súa propia solicitude na mesma web usando o certificado dixital ou Chave365: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
  • Quen fixera a solicitude a man, terá que ir ao centro a mirar por si mesmo a listaxe.

 Tedes a semana que vén para facer alegacións.

Fondo Libros curso 2020-2021

Publícase no DOG de hoxe 19 de maio de 2020 a convocatoria de Fondo Libros.

 

IMPORTANTE:

Co estado actual de alarma RECOMENDAMOS, PREGAMOS e INSISTIMOS en que procuren facer a solicitude de forma telemática, para que non pasen 300 persoas a entregar papeis no instituto.

 

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA:

 

CHAVE 365

É un sistema para identificarse online para calquera trámite da Xunta. MOI RECOMENDABLE.

Libros sobrantes do reparto 2019-2020

Despois de repartir todos os libros do fondo, tendo en conta que algúns alumnos non levaron todos porque xa os conseguiron por outro medio, sobran os seguintes exemplares. 

Os interesados en aproveitalos poden preguntar en secretaría ata o venres 4 de outubro. Despois dese día, pecharase o reparto.

  • 1º ESO
    • Lengua: 9
    • Lingua: 4
    • Xeografía: 9
    • Bioloxía: 9
    • Inglés: 2
    • Francés: 2
  • 2º ESO:
    • Lengua: 2
    • Lingua: 2
    • Xeografía: 2
    • Matemáticas: 4
    • Inglés: 1
  • 3º ESO:
    • Lengua: 1
    • Lingua: 5
    • Xeografía: 3
    • Bioloxía: 2
    • Matemáticas: 3
    • Inglés: 3
    • Física e Química: 1
    • Francés: 1
    • Cultura Clásica: 1
  • 4º ESO:
    • Lengua: 6
    • Lingua: 1
    • Xeografía: 4
    • Matemáticas aplicadas: 6
    • Inglés: 4
    • Francés: 1

 

Listaxe definitiva do Fondo Libros e Vale de material

Publicamos a continuación a listaxe definitiva de admitidos e excluídos:

Se na lista de libros apareces como "Segundo as existencias do centro non lle corresponden libros", pregunta de todas maneiras, porque pode que alguén rexeite e sobre algún libro.

 

IMPORTANTE:

A entrega de libros farase nas presentacións, sempre e cando o lote de libros estea completo (pode faltar algún).

Se na lista de admitidos un libro ten a marca (C),significa que non temos ese libro no centro, que temos que mercalo, e por tanto non o podemos entregar ata que o recibamos nós. Nese caso, non se entregarán libros ata ter o lote completo.

Exemplo: 9788468088174 (Lingua castelá e literatura) (c)

 

Lista de libros do Fondo

A lista definitiva de libros publicarase nesta mesma web o día 12 ou 13 de setembro.

Listaxe provisional de Fondo Libros 2019-2020

Publicamos a listaxe provisional do fondo libros e axudas de material escolar.

 

POR FAVOR, LER A INFORMACIÓN SEGUINTE:

 

Os excluídos teñen que pasar polo centro para presentar algunha documentación que falta. Poden consultar previamente por teléfono cal é a documentación que falta.

Prazo para reclamacións ata o 19 de xullo.

 

Fondo libros

Na listaxe de admitidos podedes ver varios casos, en función de cantos libros teñamos en total en setembro.

  • Mínimo 6 libros: se sobran libros, poderá levar máis. Se non, asegúranse 6.
  • Mínimo 4 libros: se sobran libros, poderá levar máis. Se non, asegúranse 4.
  • Condicionado á matrícula e/ou devolución de libros: ten que matricularse en setembro e devolver previamente os libros que se prestaron o curso anterior.
  • Pendente das existencias de setembro: ten que agardar á lista definitiva de setembro para ver se sobran libros, pero non se asegura que os vaia ter.

O reparto de libros farase de forma automática en setembro. Se xa conseguiron algún libro por outro medio, poden solicitar que non lle deamos un libro en concreto escribindo ó correo secretaria.leiras@gmail.com. Deste xeito, poderemos entregar os que realmente vos falten, e por outra banda, se non precisades todos os que vos corresponden, os libros sobrantes poderán entregarse a outros alumnos que están pendentes das existencias finais de setembro.

 

Vale de 50€ para material

Teñen dereito a vale os que saen na lista con dereito a "mínimo 6 libros". Os que aprobaron todo e xa se matricularon en xuño, poden recoller os vales xa no mes de xullo.

Convocatoria Fondo Libros 2019-2020

A Consellería vén de publicar no DOG a convocatoria de fondo libros e axudas de material para o vindeiro curso:

 

Lista definitiva de libros

Publicamos a continuación a lista de beneficiarios de libros de texto.

Lembramos que se repartirán a vindeira semana en horario de clase.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut