Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Dinamización Lingüística

Premio ao Proxecto Educativo "Galego para Boomers"

Como xa contamos nun post anterior, polo Leiras pasa xente fantástica que acaba deixando dunha maneira ou doutra a súa pegada.

Así o fixo Noemí García, profesora de Lingua e Literatura Galega no noso centro educativo durante o curso 20-21, co seu proxecto Galego para Boomers, que consistiu na elaboración por parte do alumnado dos primeiros cursos da ESO dun dicionario para facilitar o acceso dos Boomers (persoas nadas no Baby Boom) ao novo vocabulario utilizado pola xente nova.

O proxecto foi premiado durante o curso pasado polo Concello de Lugo e tivo unha grande repercusión mediática e nas redes sociais.

Este ano recibiu un novo premio, o outorgado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, que recoñece a Galego para Boomers como o mellor proxecto de fomento do galego entre a infancia e ou a mocidade do ano 2021.

 

Enquisa planificación lingüística 2019

Ligazón para que o alumnado cubra a enquisa de planificación lingüística:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSegaD1ceb-ezCtrQgtJO9msyTRYoDUZtRaKUcxZVbXzhFgQ0Q/viewform?vc=0&c=0&w=1

Noa Lorenzo Otero gaña o segundo premio “Entre iguais”

A alumna de 4º ESO, Noa Lorenzo Otero, acadou o 2º premio no concurso literario “ENTRE IGUAIS” convocado polo Concello de Lugo.

Máis información no blog do Equipo de Dinamización Lingüística:

http://eunfalar.blogaliza.org/2018/02/28/premio-entre-iguais/

Distribuir contido


by Dr. Radut