Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Erasmus+

Radio Zainet Ostia

Programa de radio da emisora Zainet, realizado durante a estancia dos nosos Erasmus en Ostia (Italia).

Concerto recepción centro Lycée Sainte-Marie des Champs (11-03-2024)

Semana en Toulouse - Eramus+

O noso centro educativo conta cunha acreditación Erasmus+ para o período 22-27 que nos está permitindo realizar diversas actividades de intercambio entre alumnado e profesorado con outros centro europeos.

Nesta ocasión, entre os días 15 e 20 de outubro, nove alumnos e alumnas de 1º de BAC viaxan a Toulouse para coñecer os proxectos educativos do Lycée Sainte-Marie des Champs e compartir unha semana de convivencia e experiencias únicas.

A recepción por parte do centro foi excelente o que nos permitirá voltar a casa coa maleta cargada de afectos e boas ideas para compartir e seguir colaborando no futuro.

 

Conexión Lugo-Toulouse, Erasmus+ (10-10-2023)

Emisión en vivo simultánea entre IES Leiras Pulpeiro de Lugo Sainte-Marie des Champs de Toulouse.

Presentación de alumnos participantes en intercambio Erasmus+ de ambos institutos.

Programa de radio en Italia polo alumnado Erasmus (18-04-2023)

Programa de radio feito en Ostia durante a movilidade de Erasmus+.

Publicado en Radio Zaitime.

Enlace á web da radio: https://www.radiozai.net/podcast/puntata/20523015/Zai-time-115

 

Etapa O Cebreiro - Triacastela

O domingo 29 de xaneiro de 2023 xuntaronse varios factores que deron lugar a un día irrepetible: Unha mañá soleada de domingo, uns Ancares nevados e a presenza dos/as nosos/as convidados/as do Liceo Anco Marzio di Roma que culminaban unha semana en Lugo no marco do proxecto Erasmus+.

Foron 22 km de xogos, convivencia e exercicio nunhas condicións que dificilmente poderemos ofrecer noutra ocasión. Teremos que conformarnos con non esquecelas nunca.

 

Recepción Erasmus

Acto de recepción do alumnado Erasmus+ procedente do instituto Liceo Anco Marzio de Ostia.

Semana de Acollemento Erasmus+

PRESENTAZIONE -> https://www.canva.com/design/DAEr5el3Eyo/rjWQCq9f8j8-2UxLDIWEDg/view?utm_content=DAEr5el3Eyo&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=homepage_design_menu#17

 

Entre os días 24 e 30 de xaneiro recibiremos a visita de 10 alumnos/as e 2 profesoras do Liceo Anco Marzio de Roma no marco do programa Erasmus+. Compartirán a semana co noso alumnado de 1º de BAC e co profesorado do centro. Temos preparado un conxunto de actividades nas que animamos a participar a toda a nosa comunidade educativa. O programa é o seguinte:

Martes 24

16h: Chegada ao instituto, recepción e visita ao barrio (alumnado) e ao Lugo rural (profesorado)

Mércores 25 

9h-11h: Acto de benvida no IES Leiras Pulpeiro (presentacións, música, Kahoots, almorzo)

11:30h-13:10h: Percorrido educativo polas aulas e intercambio cultural.

17h: Caza de Tesouro por Lugo

Xoves 26

8:30h: Visita á Coruña

Venres 27

8:30h: Elaboración de podcast 

10h: Visita ao Museo Provincial e centro de Lugo

16h: Tarde Libre 

Sábado 28

9h: Etapa do camiño Cebreiro-Triacastela

Domingo 29

Día libre coas familias.

Luns 30

8:30h: Visita a Santiago

         15h: Despedida

Nas semanas previas de preparación tivemos a ocasión de comprobar a grande calidade humana e profesional do profesorado italiano responsable do intercambio. Faremos todo o posible para que sexan uns días inesquecibles cheos de aprendizaxes, compañeirismo e bos momentos.

Erasmus

IES Leiras Pulpeiro Home Tour

Distribuir contido


by Dr. Radut