Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Taxas títulos

Procedemento para solicitar título de BAC

Ao rematar BAC é preciso pagar a taxa do título para poder presentarte ás ABAU.

Enlace para pago online: https://ovt.atriga.gal/inicio#!/categoria/?Cidad%c3%a1ns/11609730/4127328

 

Pasos:

  • Iniciar taxa (primeira pantalla), con acceso libre (candado aberto)
    • Códigos:
      • Consellería: 07-Cultura, educación e universidade
      • Delegación: 13-Servizos centrais
      • Servizo: 03-Ensino medio
      • Taxa: 302003-Expedición de títulos
    • Obxecto de pago: Expedición título bacharelato
      • Datos de pago:
        • Tarifa normal: 52,94€
        • Familia numerosa xeral: 26,50€
        • Familia numerosa especial: 0€
        • Duplicado: 4,88
  • Datos persoais (segunda pantalla)
    • Suxeito pasivo: cubrir os teus datos
    • Representante: non cubrir
  • Modo de pago: hai dúas opcións
    • Pago telemático: para pagar ao momento con tarxeta. Nesta opción, cando remates descargarás un xustificante para presentar no instituto.
    • Descargar modelo presencial: descargas un PDF para imprimir, son 3 páxinas, que tes que levar ao banco para pagar e selar, levar un resgardo para o instituto e quedarte co outro resgardo.

 

Títulos BAC promoción 2016

Xa están na secretaría do centro os títulos de BAC da promoción do ano 2016.

Podedes vir recollelos en horario de oficina a partir do xoves 15 de febreiro.

Dispoñibles os títulos de ESO, BAC e FP (anos 2012 e 2013)

Infórmase ao seguinte alumnado que pode pasar pola Secretaría do centro para recoller o seu título oficial:

  • alumnado que rematou os estudos de ESO ou Bacharelato no ano 2012
  • alumnado que rematou os estudos de ESO, Bacharelato ou FP no ano 2013

 

Pagamento de taxas para a expedición de títulos académicos

Pode obter toda a información sobre calquera taxa (ademais das correspondentes á expedición de títulos) e mesmo xerar impresos para o pago das mesmas a través da seguinte ligazón da Axencia Tributaria de Galicia:

Confección on-line de impresos de Taxas e Prezos

Tamén pode obter toda esta información na Secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut