Novas departamentos
Actividades de matemáticas: Nadal 2020
Nestes días previos ás festas de Nadal, dende o departamento de matemáticas desenvolvemos diferentes actividades:
Tal e como podedes observar no noso taboleiro, fixemos diferentes figuras empregando a arte da papiroflexia ou origami. Esta é unha técnica na que, dobrando un papel sucesivas veces, chegamos a obter diferentes formas. Na imaxe anterior podedes observar dende un dodecaedro, un octaedro, un icosaedro ata unha caixa ou unha estrela.
Tamén empregamos a técnica de kirigami. Desta vez, en vez de dobrar papel, con diferentes cortes no papel e empregando simetrías conseguimos facer uns copos de neve ben xeitosos.
E como non, nas nosas aulas tamén xurdiu a maxia. Uns mag@s moi especiais deleitáronos cuns trucos de maxia baseados nas matemáticas que nos deixaron abraiados.
Esperamos que vos gustasen todas estas actividades.
FELICES FESTAS E E FELIZ ANINOVO!Conectando con Xacobo de Toro
Despois de varias sesións de gravación, para traballar a lectura e predición dos mapas meteorolóxicos co alumnado de 1ºESO en Bioloxía e Xeoloxía, onte e hoxe poidemos conectar co experto Xacobo de Toro, profesor desta materia e un referente na elaboración de vídeos didácticos e introdución das novas tecnoloxías na aula. Con el poidemos charlar sobre como mellorar aspectos do uso do croma, recomendounos aplicacións que permiten a creación de videos na propia casa e sobretodo animounos a que sigamos introducindo a innovación na aula, para espertar interese pola ciencia e polo aprender de xeito global.
Hoxe Xacobo de Toro atendeunos non todo o tempo que el quixera e nos quixeramos, xa que tiña recoller en Santiago de Compostela, outro premio dos que xa engrosan a súa lista.
Noraboa Xacobo e moitas grazas pola túa atención!!
Para saber máis:
https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/xacobo-toro-hay-cambiar-forma-ensenar-CSCG1005117