Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de centro

Menú que reúne as últimas novas do centro.

Recollida títulos promoción 2022

Xa están disponibles os títulos de ESO e BAC da promoción 2022. Podedes vir recollelos á secretaría do centro en horario de 09:00 a 14:00

Concurso Lucus Intercentros en directo

Documental XXV aniversario

Leiras way

Premios ás mellores notas na ABAU

Cerimonia de premiación dos mellores expedientes de BAC-ABAU.

Velaí tedes aos nosos representantes que acadaron máis dun 9 de media.

Moitas grazas a todos por demostrar que un instituto das aforas tamén ten alumnado da vosa calidade tanto académica coma, e debo dicilo coa boca grande, humana.

Un pracer estar convosco estes anos, e boa sorte no futuro.

 

   

25º aniversario do Leiras

Cultura Audiovisual

A materia optativa de Cultura Audiovisual pretende dar unha formación artística e técnica no campo audiovisual, centrándose na fotografía, vídeo e son.

Os contidos a impartir son os seguintes:

  • IMAXE:
    • Orixes da fotografía e do cinema
    • Creación e evolución da fotografía e da linguaxe audiovisual
    • Retoque dixital
    • Principais correntes en fotografía e cinema.
    • Principais formatos audiovisuais (curta, media e longametraxe de ficción, curta, media e longametraxe documental, serie, ensaio fílmico, formatos televisivos, videoclip, fashion filme, anuncio, vídeo educativo, vídeo corporativo/institucional, formatos asociados ás redes sociais, etc)
  • LINGUAXE AUDIOVISUAL
    • Plano, toma, ángulo visual e movementos físicos e ópticos de cámara
    • Exposición, enfoque, encadramento, profundidade de campo, campo e fóra de campo
    • Conceptos básicos sobre iluminación
    • Composición para imaxe fixa e para imaxe en movemento
    • Simboloxía e psicoloxía da cor
  • GUIÓN:
    • O guión literario. Fases de elaboración. Escena e secuencia dramática. A escaleta.
    • O guión técnico e o storyboard
    • A posta en escena: localizacións, decorados (volumétricos e virtuais), caracterización, interpretación, iluminación, movemento
    • A banda de son: perspectiva sonora e posibilidades expresivas
  • PLANIFICACIÓN
    • A montaxe e a posprodución
    • As linguaxes da televisión e a publicidade
    • Equipos humanos de traballo na produción audiovisual: dirección, produción, cámara/fotografa, son, arte, postprodución
    • A distribución de tarefas na produción audiovisual: criterios de selección a partir das habilidades requiridas
    • Fases de traballo: preprodución, rodaxe e posprodución
  • TÉCNICA AUDIOVISUAL
    • Medios técnicos de realización: cámara e accesorios, microfonía, equipamento de iluminación.
    • Gravación do son, sincrónico e recreado
    • Principais softwares de edición non lineal
    • Difusión de contidos audiovisuais: redes sociais, salas comerciais, espazos de exhibición alternativos, festivais cinematográficos en liña e presenciais, etc
    • Protección de datos, propiedade intelectual e dereitos de autoría.

Data límite solicitude de participación en Erasmus+2022-2023

27/09/2022 13:25

Data límite para a solicitude de participación en proxecto Erasmus+ 4 de outubro

Presentar a folla de solicitude xunto á carta de motivación en Vicedirección.

Observación de planetas

Hoxe martes día 20 faremos unha actividade de observación de planetas no patio do centro, entre as 21:30 e 22:30.

Como o tempo está cambiante, se a esa hora está nublado, cancelarémolo.

 

Listado admitidos Seccións Bilingües - Curso 2022-23

Adxúntase o listado de admitidos para o curso 2022-23 para as materias de Tecnoloxía e Dixitalización en 1º de ESO e Tecnoloxía en 2º de ESO.

Admitidos - Tecnoloxía e Dixitalización - 1º ESO.

Admitidos - Tecnoloxía - 2º ESO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut