Preguntas frecuentes
- Matrícula:
- Cando nos matriculamos? Na data que sae no sobre de matrícula
- Cando collemos o sobre? O día de entrega de notas
- Cando entregan as notas? o 25 de xuño
- Fondo libros:
- Cando devolvemos os libros? O día en que te matricules devolves todos os libros. Se tes que volver en setembro, devólvelos todos en setembro.
- Cando sabemos se temos libros para o seguinte ano? O 10 de xullo publicamos a listaxe de admitidos DENTRO do instituto, non na web nin no taboleiro da rúa. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.