Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, Diver

O Club de Ciencias do noso centro presenta os seus estudios de investigación...

O Club de Ciencias presenta os resultados dos seus primeiros Proxectos de Investigación Científicos. No seu segundo ano de traballo, coordinado pola compañeira Concha Villar Moure, publicar os resultados e conclusións dos seus estudios científicos...

Despedida do curso con actividade de SURF

23/06/2021
Europe/Madrid

Despois dun ano escolar difícil puidemos desfrutar dunha actividade física no medio natural a partir dun traballo desenvolto polo alumnado de 1º de BAC e con personal docente da empresa Son do mar Surf School.

Toca vivir as vacacións. Podemos aproveitar para facer aquelas actividades que como o surf nos achegan ao medio natural a través do exercicio físico.

 

INFLUENCIA DA COVID-19 EN PARÁMETROS DA VIDA DOS ADOLESCENTES

Investigamos sobre o impacto psicolóxico e social nos adolescentes como consecuencia da situación de alerta sanitaria provocada pola COVID 19 para comprender e actuar ante as dificultades ás que se están enfrontando.
 
No estudo analizáronse diferentes parámetros: niveis de estrés, ansiedade e depresión, efecto nos resultados académicos, cambios na escala de valores, hábitos e conductas dos adolescentes.
 
As conclusións e desenvolvemento do proxecto poden lerse no documento adxunto.

Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas - Oferta Educativa do IES Laxeiro

Xa temos imaxe renovada e vídeo explicativo sobre o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas da Familia Profesional de Electricidade. Seguimos actualizando a Oferta Educativa do noso centro.

Podedes descargar o Tríptico Informativo!  [Ficheiro adxunto].

Ademais, contamos cun vídeo cortiño, explicativo e resumido...

 

CALENDARIO FIN DE CURSO 2020 - 2021

 

Día 22 de xuño: Remate de clases

 

Días 22 e 23 de xuño: Avaliacións

 

Día 23 de xuño: Entrega de notas Adultos [20:00 a 20:30 horas]

 

Día 24 de xuño: Entrega cualificacións de ESO, Bacharelato, CICLOS e FP Básica [12:30 a 13:00 horas] - (Non haberá transporte escolar).

 

Días 25, 28 de xuño: Reclamacións ás cualificacións en ESO, BACH, CICLOS, Adultos e FP Básica

 

DIRECCIÓN

Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de COVID

Presentamos a memoria informe do estudio científico que fomos desenvolvendo ao longo de este curso 2020-2021 como proxecto complementario ao estudio de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid.

Nesta parte fíxose mais caso a deseñar e fabricar un medidor de CO2, dende unha perspectiva do "hardware libre" coñecido como unha extensión do proxecto ARDUINO. O Medidor da calidade do aire das nosas aulas resultou económico, unha solución baseada no ESP32 conectado con dous sensores de tipo analóxico MQ-135 e de tipo dixital CSS811.

O "plus" de este estudio, realmente, foi o de experimentar unha das aplicacións do IoT (Internet of Things), o Internet das cousas e o servizo da nube,  Cloud Computing (ThingSpeak), para un ámbito científico escolar.

Un éxito!

Acceso ao Documento --> Memoria Informe do Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid.

Acceso a unha Carpeta compartida onde está todos os recursos e materiais do estudio. Memoria Informe, documentos, gráficos, programas...

 Fai Click -->      Archivos

 

 

Tabla periódica tridimensional terminada.

Este ano terminouse o proxecto da táboa periódica tridimensional. O ano pasado fixemos tres caras: o símbolo, as propiedades e as aplicacións. Este ano completamos con mulleres científicas galegas, e algunha internacional. Na cuarta cara está un código QR en cada científica que vos leva á información que buscastes o ano pasado, e que o departamento de galego axudou a pulir. Moitas gracias a tod@s por participar. Ide a ver como quedou o voso traballo.

 

ROMPECOCOS

Ante a situación de crise ocasionada pola COVID-19,  este curso decidimos facer actividades individuais  en lugar das de grupo coas que traballamos estes últimos anos.
A finais do primeiro trimestre decidimos facer un concurso no que os alumnos deberán resolver retos matemáticos coa finalidade de que  desenvolvan os conceptos aprendidos aplicando razoamentos lóxico-matemáticos, espaciais e lingüísticos; que melloren a capacidade de reflexión, a análise, a exploración de alternativas e a precisión na linguaxe á hora de expoñer conclusións. Parabéns aos gañadores!!!

DÍA DE PI

  Para celebrar o día de PI fixemos  varias actividades con un resultado moi positivo. As actividades mais salientables foron:
•    Unha exposición na que se recollía a evolución do número PI ao longo da historia e as súas aplicacións. 
•     Obtivemos aproximacións ao número PI medindo as lonxitudes de circunferencias que os alumnos debuxaban en folios e dividíndoas entre o diámetro. As lonxitudes das circunferencias medímolas con anacos de lá. Algunhas aproximacións foron realmente boas!
•       O alumnado decorou cifras do 0 ao 9 e logo construímos o número PI sobre as paredes do instituto.
•    Fixemos un concurso de isoPIas no que os alumnos fixeron frases coas cifras do número PI. Parabéns aos gañadores!!!

CLUB DE CIENCIA: ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL"

05/06/2021 16:26
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de ESO que estivo traballando no proxecto ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL", está a realizar unha presentación, nos cursos de 1º da ESO, na que dan conta de seu traballo sobre o consumo de "azucre engadido" en estudantes da ESO do IES Laxeiro. Os obxectivos principais foron valorar o grao de cumprimento das recomendacións da OMS sobre a inxesta de "azucre libre" (<25 gr/día); e por outra parte, concienciar sobre a necesidade duns hábitos de alimentación saudabeis, que xunto coa actividade física, son os mellores medios para manter un bo estado de saúde.

 

Distribuir contido