1º E.S.O.

ROMPECOCOS

Ante a situación de crise ocasionada pola COVID-19,  este curso decidimos facer actividades individuais  en lugar das de grupo coas que traballamos estes últimos anos.
A finais do primeiro trimestre decidimos facer un concurso no que os alumnos deberán resolver retos matemáticos coa finalidade de que  desenvolvan os conceptos aprendidos aplicando razoamentos lóxico-matemáticos, espaciais e lingüísticos; que melloren a capacidade de reflexión, a análise, a exploración de alternativas e a precisión na linguaxe á hora de expoñer conclusións. Parabéns aos gañadores!!!

DÍA DE PI

  Para celebrar o día de PI fixemos  varias actividades con un resultado moi positivo. As actividades mais salientables foron:
•    Unha exposición na que se recollía a evolución do número PI ao longo da historia e as súas aplicacións. 
•     Obtivemos aproximacións ao número PI medindo as lonxitudes de circunferencias que os alumnos debuxaban en folios e dividíndoas entre o diámetro. As lonxitudes das circunferencias medímolas con anacos de lá. Algunhas aproximacións foron realmente boas!
•       O alumnado decorou cifras do 0 ao 9 e logo construímos o número PI sobre as paredes do instituto.
•    Fixemos un concurso de isoPIas no que os alumnos fixeron frases coas cifras do número PI. Parabéns aos gañadores!!!

CLUB DE CIENCIA: ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL"

05/06/2021 16:26
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de ESO que estivo traballando no proxecto ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL", está a realizar unha presentación, nos cursos de 1º da ESO, na que dan conta de seu traballo sobre o consumo de "azucre engadido" en estudantes da ESO do IES Laxeiro. Os obxectivos principais foron valorar o grao de cumprimento das recomendacións da OMS sobre a inxesta de "azucre libre" (<25 gr/día); e por outra parte, concienciar sobre a necesidade duns hábitos de alimentación saudabeis, que xunto coa actividade física, son os mellores medios para manter un bo estado de saúde.

 

Musiqueando no Laxeiro

A COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do IES Laxeiro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro.

Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica.

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración.

INICIACIÓN A RUGBY CO "CLUB RUGBY CORETI LALÍN"

24/05/2021
Europe/Madrid

O pasado xoves alumnado de 1º de BAC adicou a sesión de EF a disfrutar do Rugby das mans de adestradores e adestradoras do club Rugby Coreti Lalín. Este luns tamén poderá facelo o alumnado de 1º de ESO. Agardamos disfruten da actividade e se animen a probar este deporte de equipo, no que ademais dunha boa condición física e técnica, son fundamentais os valores de repecto e traballo colectivo.  

Concurso de "memes" - 1º ESO

Foi longo, moi longo, este tempo de confinamento, pero no Laxeiro procuramos que non se perdese o humor. As profesoras Emilia Garea e Alicia Cordeiro do Dpto. de Lingua castelá, prepararon para o alumnado de 1º da ESO unha actividade que consistía na creación dun meme.

 

En 1º da ESO,de todas as tarefas  foron escollidos 16 memes e propúxose unha votación en liña para escoller os mellores. Os resultados son os que a continuación vos mostramos:

 1º posto: Selma Carballude de 1º ESO A (29 votos)

 2º posto: Sara Senande de 1º ESO C (20 votos)

 3º posto: Carmen Taboada de 1º ESO C (14 votos)

 4º posto: Dani Piloto de 1º ESO A (13 votos)

 5º posto: Jaime Vázquez de 1º ESO C (12 votos)

 

 Queremos dar as grazas a profesora Ester González, do Dpto. de Lingua galega, por compartir a idea da tarefa. Arriba o traballo cooperativo!!!

 

 Parabéns a todas e todos, rapazas e rapaces, por participar dun xeito ou doutro na idea e contribuír a que non se perda algo tan valioso como saber rir dun mesmo.

 

Moi orgullos@s da nosa rapazada!!!!!!!

 

 

 

 
What do you want to do ?

New mail

Traballos de Collage do noso alumnado de 1º ESO

...aquí temos os traballos do noso alumnado de 1º ESO!

 

Fai click na imaxe para descargar o vídeo...