Plástica e Visual

Profesorado Plástica e Visual


Nome e Apelidos Cargo / Título
   
María Elsa Martínez Vázquez  Titora 1ºESO-D
Mar García Rodríguez Xefa do Departamento

O IES Laxeiro, premiado co Selo de Centro eTwinning

A finais de marzo recibimos a magnífica nova de ser un dos 4 centros galegos premiados co selo de centro eTwinning 2021-2022. Un recoñecemento que só teñen o 2,3 % dos centros educativos europeos rexistrados en eTwinning (216.595).

O selo de centro eTwinning recoñece o traballo realizado con eTwinning polo equipo docente e o equipo directivo. Este logro, sen dúbida, non tivera chegado sen o tesón e o pulo da nosa compañeira e profesora de E. Plástica e Visual, Mar García Rodríguez, incansable na procura de contactos e tomando a iniciativa en case todos os proxectos levados a cabo. Ese traballo continuo e non sempre visible, co apoio incondicional do equipo directivo e do equipo docente, tróuxonos este premio europeo.

 

Na entrada do IES Laxeiro loce tamén a placa enviada polo Servicio Nacional de Apoyo eTwinnig co Selo de Calidade Nacional.

Chegar a ser un centro eTwinning supuxo percorrer todo un camiño e un proceso final que contou con dúas fases. Que é ser un centro eTwinning e como se obtén este selo explícase aquí

 Este fase final ten detrás un todo un camiño percorrido.

Programación e contidos mínimos 2020-2021

Nas ligazóns que seguen pódense descargar a programación do departamento  para o curso 2020/21

Traballos de Collage do noso alumnado de 1º ESO

...aquí temos os traballos do noso alumnado de 1º ESO!

 

Fai click na imaxe para descargar o vídeo...