Secretaría, Horario, Servizos, Convocatorias

Horario de Secretaría

Polas mañás:

De luns a venres, de 9:00 h a 14:30 h

Polas tardes:

Luns e mércores, de 16:00 h a 18:30 h

ERASMUS +. Proxecto PRACTICUM - CONVOCATORIA 2021

IES LAXEIRO. ERASMUS +. Proxecto PRACTICUM DEPO 2019
CONVOCATORIA MOBILIDADES 2º SEMESTRE 2021

O alumnado interesado en participar nas mobilidades ofertadas no Proxecto ERASMUS + para o segundo semestre do ano 2021 deben formalizar a súa solicitude na secretaría do centro no prazo de dez días lectivos, ata o día 7 de maio de 2021.

 

--->>>      LER a Convocatoria

 

https://www.depo.gal/es/erasmus-2021

 

Probas libres Graduado Educación Secundaria


Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria

(Resolución do 03 de febreiro DOG do 12 febreiro 2021)

CONVOCATORIAS 2021

Proba Primeira convocatoria: 21 de maio.

Período de inscrición: 08 ao 18 de  marzo.

Proba Segunda convocatoria: 10 de setembro.

Período de inscrición: 1 ao 8 de xullo.

Información en : http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33202

                        http://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulo

-Anexo solicitude

-Resolución do 3 de febreiro

Distribución de máscaras a alumnado da ESO do IES Laxeiro

Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 e de acordo coas instrucións recibidas desde a Dirección Xeral de Centros da Consellería de EDucación, desde o día 16 ao 27 deste mes de novembro é o prazo para solicitar máscaras para o alumnado que segundo a citada orde teñen dereito.

A solicitude será presencial e realizarase cubrindo os Anexos 1 e 2 da citada orde.

IMPORTANTE:

1º.- O alumnado destinatario é o da ESO  e educación especial do centro

2º.- O alumnado que obtivo axuda de libros ou de material a través do Fondo solidario, non teñen que realizar a solicitude, xa que xa se consideran admitidos.

3º.- O demáis alumnado pode solicitala sempre que a renta per cápita da familia non exceda do umbral de 6000€

4º.- Terán dereito os matriculados en educación especial ou con discapacidades igual ou superior ao 65%

Para máis información consultar os arquivos adxuntos:

 

- Orde do 06 de novembro  de 2020(DOG do 13 de novembro)

- Instrucións da Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación

RECORDAR:

Prazo de solicitude: 16 a 27 de novembro

Cubrir os Anexos 1 e 2 e entregalos na Secretaría do centro coa documentación que se precisa na ORDE.

Os anexos pódense solicitar na Conserxaría do centro ou a través desta páxina Web no seguinte arquivo:

 

- ANEXOS I e II Solicitude de máscaras

 

 

Admisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2020-2021

Desde o xoves, día 25 de xuño, ata o mércores , día 8 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2020-2021. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño).

Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 25 de xuño ata o 9 de outubro.

 

Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde  tendes os seguintes arquivos:

Normativa reguladora do proceso de admisión

Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2020-2021

Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso)

Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos  ou módulos liberados

Impreso matrícula ou renuncia

Información réxime ordinario

Instrucións solicitude Web

Video coas instrucións para cubrir a solicitude web

Calendario de exames de setembro 2019

Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2018-2019 no IES Laxeiro

 

Calendario de exames da ESO e FP Básica

 

Calendario de exames de Bacharelato e adultos

 

Calendario de exames de setembro 2017 modificados

Publícase de novo nos seguintes arquivos o calendario de exames de setembro do curso 16-17 no IES Laxeiro coas modificacións de aulas debido ás obras do centro.

 

Calendario de exames da ESO e FP Básica

Calendario de exames de Bacharelato

Calendario de exames de Adultos

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2017.

O prazo estará aberto do 28 de febreiro ata o 27 de marzo. Dita convocatoria está regulada pola Orde de 2 de febreiro 2017 e explicada no cartel anunciador da xunta.Para calquera información acudir a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasle/ desde donde podedes tramitar a vosa solicitude ou ben imprimir a solicitude.

Orde 2 de febreiro de 2017

Cartel anunciador das actividades

 

Distribuir contido