Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Club de CienciaAínda que sempre tiñamos a ciencia presente no noso centro... Foi no curso 2018/2019, no que se "funda" o Club de Ciencia!
Con Marina Pardal Varela a nosa Coordinadora. Promocionando iniciativas STEM ( Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñerías e Matemáticas) O Club de Ciencias do noso centro presenta os seus estudios de investigación...O Club de Ciencias presenta os resultados dos seus primeiros Proxectos de Investigación Científicos. No seu segundo ano de traballo, coordinado pola compañeira Concha Villar Moure, publicar os resultados e conclusións dos seus estudios científicos... Reconto dos traballos científicos do noso Club de Ciencias - Curso 2022-2023Dende o Club de Ciencias do IES Laxeiro, recollemos e publicamos os resultados das investigacións e outras actividades realizadas neste curso 2022-2023. Fai Click en cada ligazón para acceder ao documento adxunto. » Primer Taller de Robótica e Programación como iniciativa de Polos Creativos, co alumnado do Intercambio de LalindeXa inauguramos a Dotación de Polos Creativos do noso Centro! De feito realizouse un Taller de Robótica e Programación que tíñamos no Programa de Actividades do Intercambio estudiantil cos alumnos do Collège Jean Monet, da localidade francesa de Lalinde. Podemos decir que lles gustou traballar por parellas, práctica a modo bricolaje, resultándolles divertido e interesante. En canto ao entorno de programación resultoulles un pouco difícil. Queda a evidencia recollida na prensa no Faro de Vigo [03/03/2023] ---> Fai Click
Fotografía de: Estudiantes franceses amplían el alumnado del Laxeiro | BERNABÉ/JAVIER LALÍN » Coñecendo ás Detectives do CancroCon motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado do noso IES participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Clotilde Costa Nogueira. Clotilde reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia, e que seguen a ter, para que sexan recoñecidos os seus méritos e cheguen a ocupar postos de maior relevancia no mundo da ciencia. Compartiu a experiencia e traxectoria como científica dende a súa Moaña natal para rematar explicando en que centra actualmente a súa investigación en Santiago de Compostela, a biopsia líquida. Clotilde transmitiu optimismo e animou ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola ciencia. Soña, atrévete! » IV Edición - Concurso Luis Gustavo [curso 2022-2023]O 30 de Novembro de 2022, facemos público e animamos a todos a participar na IV Edición do Concurso Científico Luis Gustavo. O obxectivo do concurso é promover un uso racional da enerxía tanto nos fogares como nos espazos públicos concienciando á xuventude e comunidade educativa sobre os beneficios do aforro enerxético e a importancia de eficiencia enerxética en base á sostibilidade ambiental, económica e social.
Este ano o Concurso será Fotográfico e o Tema: EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO
O prazo rematará o 30 de maio de 2023.
Podedes consultar as Bases do Concurso na seguinte Ligazón - > https://sites.google.com/ieslaxeiro.com/concursoluisgustavo/bases-do-concurso
ou descargar as Bases do Concurso ->
Podedes descargar o Cartel da IV Edición Concurso Luis Gustavo -> http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslaxeiro/system/files/Cartel%20IV%20edici%C3%B3n%20CLG.jpg » Mes da Ciencia no IES LaxeiroComo cada ano, celebramos o mes de novembro como da Ciencia en Galego. Dende o noso centron dende o Club de Ciencias e do Equipo de Normalización Lingüística, están a planificar un conxunto de actividades para disfrutar da Ciencia en Galego. A Proposta de actividades é moi diversa e conta coas seguintes, e moito máis...
Xa temos testimonios de Boas Prácticas no noso centro, aquí tendes unha mostra no seguinte vídeo: Vídeo realizado por Cristina Iglesias Iglesias - Profesora de Física y Química
» Gañadores III Concurso Luis Gustavo - edición 2021Na previa de convocar a edición 2022 do próximo Concurso Luis Gustavo, publicamos os Gañadores do Concurso Luis Gustavo da Edición 2021 Seguimos tendo a honra dende o Grupo do Club de Ciencias de seguir con esta fermosa iniciativa a prol da ciencia. Está encadrada nas actividades desenvoltas ao longo do curso escolar, como un fomento da cultura científica, das ciencias, tecnoloxías, matemáticas...
Aportamos os carteis coas obras premiadas como arquivos adxuntos.
» Proxectos do Club de Ciencias 2022Xa estamos a finais do curso escolar 2021-2022, e outro ano máis recollemos os Proxectos do noso Club de Ciencias: » FINALISTAS nos desafíos sobre Economía Circular de GALICIENCIAOs "Pitufos Científicos", equipo formado por Nuria Jar de la Fuente, África López Díaz e Samuel Núñez Grove, quedaron entre os 9 equipos finalistas dos 600 centros participantes para defender a súa proposta sobre economía circular no último reto final que tivo lugar, de xeito presencial, durante a celebración de Galiciencia. Competiron cos representantes doutros centros e aínda que non acadaron o premio defenderon con decisión e orixinalidade a súa idea.
Uníronse á visita das instalacións de Tecnópole os seus compañeiros e compañeiras de 4º ESO e todos/as tiveron a oportunidade de visitar a maior feira científica de Galicia. A temática deste ano, Economía circular, coincide coa do noso concurso de fotografía Luis Gustavo, no que ata o 30 de maio vos animamos a participar!
Ademais de visitar os stands, nos que alumnado de distintos centros galegos de primaria e secundaria presentaron os seus interesantes proxectos, o alumnado asistiu ao taller "Da liña ao círculo" no que se ofreceu unha perspectiva diferente do consumo potenciando o pensamento crítico e reflexivo de cada un de nós ante a necesidade de mudar a nosa actual economía lineal por unha economía circular baseada na planificación do deseño e vida dos produtos para lograr o máximo aproveitamento e reducir o consumo de recursos naturais.
» ELAS PODEN, TI PODES!O alumnado de 4º ESO participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai "detrás da bata" e conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia. A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Antonia Tomás Loba, que traballa actualmente nun proxecto que investiga a influencia dos ritmos circadianos no desenvolvemento de tumores. Toñi non só redactou a súa traxectoria como científica senón que transmitiu optimismo e motivación, destacando o poder das mulleres na ciencia e a importancia de soñar e atreverse. Coa participación neste evento, visibilizamos a labor das mulleres investigadoras, fomentamos novas vocacións científicas e animamos ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia. »
|
Novos números
|