Educación Física

ACTIVIDADES DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO CO ALUMNADO GALEGO E RUMANO DO ERASMUS+ "SEEDS"

07/03/2024 17:54
Europe/Madrid

O pasado xoves 29 de febreiro os futuros técnicos de 1º curso do CSAF deseñaron e dirixiron dùas actividades de Fitness para alumnado participante no programa ERASMUS+ SEEDS: Sustainability, Equity and Education for Diverse Students. Durante toda a semana contamos coa visita dunha representación de alumnas/os e profesoras procedentes da cidade rumana de Buzău.  

Deixamos algúnhas imaxes das actividades realizadas agardando que foran formativas, divertidas e axudaran a concenciar @s participantes da importancia do exercicio físico como hábito de vida.  

DESPEDIDA DE ANO CON SENDEIRISMO POR MOURISCADE

01/01/2024 16:49
Europe/Madrid

O alumnado de 3º de ESO do IES Laxeiro despediu o trimestre participando nunha ruta de sendeirismo de trazado circular e 8 km de lonxitude que transcorre pola contorna de Mouriscade, seguindo o leito do río Asneiro ao seu paso polas parroquias de Doade e Vilanova. 

A actividade foi organizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo de FP de "Guía no medio natural" do IES Colmeiro de Silleda. Durante a ruta visitamos o Castro de Doade, desfrutamos da decoración de Nadal do núcleo urbano desta parroquia no cal atopamos o museo etnográfico "Casa do Patrón" e pasamos pola aldea dos Muíños e por Vilanova onde fixemos unha parada para repoñer forzas. 

De volta a área recreativa de Mouriscade os organizadores dispuxeron con cordas distintos elementos de seguridade e pasos elevados que o alumnado do Laxeiro puido coñecer e utilizar. 

Feliz 2024.

 

VISITA AO CENTRO DEPORTIVO UNIT365 (MILLADOIRO) DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CSAF

17/11/2023 15:25
Europe/Madrid

O pasado venres 10 de novembro o alumnado do CSAF realizou unha visita de estudios ao centro deportivo UNIT 365, organizada polos departamentos de FOL e EF. O alumnado coñeceu da man de Roi López (ex-alumno do CSAF-IES Laxeiro, técnico de acondicionamento físico no Unit 365) o seu funcionamento, as súas instalacións e vivenciaron distintas actividades de adestramento: Pilates, adestramento en suspensión (TRX) e Ciclo Indoor. Agradecemos aos xerentes de UNIT 365 e a Roi López a boa acollida que nos ofreceron.  

TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE

25/06/2023 09:01
Europe/Madrid

Deixamos imaxes dalgunhas das novas que incluímos este curso 22/23 no TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE.

ACTIVIDADES DO PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA DO IES LAXEIRO

14/06/2023 08:03
Europe/Madrid

AO LONGO DESTE CURSO 22-23 O DEPARTAMENTO DE EF DO IES LAXEIRO DESENVOLVEU DISTINTAS ACTIVIDADES DE FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE QUE INTEGRAN O "PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA", PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ENGLOBADO NO PLAN PROXECTA. 

DEIXAMOS ALGUNHA MOSTRA GRÁFICA DAQUELAS ACTIVIDADES QUE NON TIVERON UNHA ENTRADA ESPECÍFICA NA WEB DO IES:

1. XOGOS TRADICIONAIS NO IES CON MATERIAL DE REFUGALLO E MATERIAL CREADO POR ARTESÁN LOCAL (LUIS IGLESIAS-LUCHI)

2. XOGOS DE EQUIPO CO ALUMNADO DE INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO

3. RECREOS ACTIVOS: CAMPIONATOS

4. TABLÓN INFORMATIVO AF & SAÚDE & INVESTIGACIÓN 

ALUMNADO DE 1º DE BAC NO CAMIÑO DE SANTIAGO

08/06/2023 10:32
Europe/Madrid

O alumnado de 1º de BAC ven de completar 2 etapas do Camiño de Santiago, realizando o percorrido entre Vigo e Pontevedra, correspondente ao "Camiño portugués da costa". A 1ª etapa rematou no núcleo urbano de Redondela. O grupo pudo descansar e durmir no pabillón polideportivo desta localidade. 

 

PRIMEIROS AUXILIOS NO CEIP MANUEL RIVERO CO ALUMNADO DE 1º DO CSAF

31/05/2023 14:50
Europe/Madrid

Este mércores 31 de maio o alumnado de 1º curso do CSAF compartiu os seus coñecementos nas técnicas de SVB (soporte vital básico) co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Rivero.

 

FORMACIÓN PARA DOCENTES E ALUMNADO DO CSAF CON DOMINGO SÁNCHEZ "PATRÓNS DE MOVEMENTO: MOBILIDADE E ESTABILIDADE"

22/03/2023 14:56
Europe/Madrid

O pasado venres 17 de marzo, aproveitando a estadía de Domingo Sánchez como poñente nun curso con docentes do IES Laxeiro e do CIFP Bouza Brey de Vilagarcía, realizamos unha actividade formativa co alumnado de 2º curso do CSAF. Ao longo da mañá Domingo explicou a importancia do coñecemento das bases anatómicas e mecánicas do movemento no deseño de exercicios de estabilidade e mobilidade orientados a unha condición física saudable. A sesión se acompañou dunha aplicación práctica, con exercicios orientados a utilización de movementos amplos, seguros e o desenvolvemento da musculatura estabilizadora.  

EXERCICIO FÍSICO DESDE O CSAF PARA ALUMNADO DO LAXEIRO, AMSTERDAM E CERDEÑA. ERASMUS+ STASIETE

10/03/2023 22:22
Europe/Madrid

Dentro do amplo programa de eventos organizados co motivo da visita de alumnado e profesorado de Amsterdam e Cerdeña, correspondente ao proxecto STASIETE - ERASMUS + e centrado no desenvolvemento de hábitos de vida saudabeis, o alumnado de 2º curso do CSAF organizou dúas actividades dirixidas de acondicionamento físico con base musical. Esperamos que tanto o alumnado de 1º de BAC do Laxeiro como os nosos convidados teñan desfrutado e aproveitado a ocasión para fortalecer eses lazos de amizade e aprendizaxe mutua que veñen desenvolvendo con este proxecto educativo.

 

CONFERERENCIA E SESIÓN PRÁCTICA: "AS NOVAS TECNOLOXÍAS NA VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA"

26/02/2023 12:20
Europe/Madrid

O pasado venres 24 o alumnado de 1º curso do CSAF rematou cunha sesión práctica a actividade formativa "Novas tecnoloxías na valoración da condición física" impartida por Alberto Mouriño (centro MOVE), graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e investigador (Universidade de Vigo) no ámbito do exercicio físico, saúde e rendemento motor. 

A actividade desenvolveuse cunha conferencia inicial e unha sesión práctica posterior na que o alumnado puido comprobar o funcionamento e aplicación de distintos recursos tecnolóxicos na valoración da CF dos usuarios dun servizo de acondicionamento físico: dinamómetro, acelerómetro, plataforma de contacto para saltos e dispositivos de células foto eléctricas.

Desde o departamento agradecemos a Alberto Mouriño a súa colaboración, que terá continuidade coa incorporación ó centro MOVE de varios alumnos de 2º nas prácticas do módulo de FCT.    

Distribuir contido