Educación Física

PRIMEIROS AUXILIOS NO CEIP MANUEL RIVERO CO ALUMNADO DE 1º DO CSAF

31/05/2023 14:50
Europe/Madrid

Este mércores 31 de maio o alumnado de 1º curso do CSAF compartiu os seus coñecementos nas técnicas de SVB (soporte vital básico) co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Rivero.

 

FORMACIÓN PARA DOCENTES E ALUMNADO DO CSAF CON DOMINGO SÁNCHEZ "PATRÓNS DE MOVEMENTO: MOBILIDADE E ESTABILIDADE"

22/03/2023 14:56
Europe/Madrid

O pasado venres 17 de marzo, aproveitando a estadía de Domingo Sánchez como poñente nun curso con docentes do IES Laxeiro e do CIFP Bouza Brey de Vilagarcía, realizamos unha actividade formativa co alumnado de 2º curso do CSAF. Ao longo da mañá Domingo explicou a importancia do coñecemento das bases anatómicas e mecánicas do movemento no deseño de exercicios de estabilidade e mobilidade orientados a unha condición física saudable. A sesión se acompañou dunha aplicación práctica, con exercicios orientados a utilización de movementos amplos, seguros e o desenvolvemento da musculatura estabilizadora.  

EXERCICIO FÍSICO DESDE O CSAF PARA ALUMNADO DO LAXEIRO, AMSTERDAM E CERDEÑA. ERASMUS+ STASIETE

10/03/2023 22:22
Europe/Madrid

Dentro do amplo programa de eventos organizados co motivo da visita de alumnado e profesorado de Amsterdam e Cerdeña, correspondente ao proxecto STASIETE - ERASMUS + e centrado no desenvolvemento de hábitos de vida saudabeis, o alumnado de 2º curso do CSAF organizou dúas actividades dirixidas de acondicionamento físico con base musical. Esperamos que tanto o alumnado de 1º de BAC do Laxeiro como os nosos convidados teñan desfrutado e aproveitado a ocasión para fortalecer eses lazos de amizade e aprendizaxe mutua que veñen desenvolvendo con este proxecto educativo.

 

CONFERERENCIA E SESIÓN PRÁCTICA: "AS NOVAS TECNOLOXÍAS NA VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA"

26/02/2023 12:20
Europe/Madrid

O pasado venres 24 o alumnado de 1º curso do CSAF rematou cunha sesión práctica a actividade formativa "Novas tecnoloxías na valoración da condición física" impartida por Alberto Mouriño (centro MOVE), graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e investigador (Universidade de Vigo) no ámbito do exercicio físico, saúde e rendemento motor. 

A actividade desenvolveuse cunha conferencia inicial e unha sesión práctica posterior na que o alumnado puido comprobar o funcionamento e aplicación de distintos recursos tecnolóxicos na valoración da CF dos usuarios dun servizo de acondicionamento físico: dinamómetro, acelerómetro, plataforma de contacto para saltos e dispositivos de células foto eléctricas.

Desde o departamento agradecemos a Alberto Mouriño a súa colaboración, que terá continuidade coa incorporación ó centro MOVE de varios alumnos de 2º nas prácticas do módulo de FCT.    

CONFERENCIA NO CSAF SOBRE REGULACIÓN LABORAL NOS SERVIZOS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO

08/02/2023 16:38
Europe/Madrid

Este venres 3 o alumnado de 1º e 2º curso do CSAF asistiu a unha charla informativa organizada pola empresa "SALVAR, FORMAR Y SOCORRER, SL" para informar sobre a situación do marco lexislativo actual no ámbito dos servizos de salvamento e socorrismo acuático, tanto en piscinas como en espazos naturais. O noso alumando foi coñecedor das posibilidades que lles presenta este sector ao finalizar o ciclo ou ter algúns dos seus módulos cursados. A empresa organizadora xestiona na actualidade os servizos de salvamento e socorrismo dos concellos de Vigo e Sanxenxo, entre outros, cunha alta demanda de persoal cualificado para os 3 meses de verán, nunhas condicións laborais e uns requeitios de formación que foron explicados na charla. Desde o departamento de EF agradecemos o interese por manter informado ao noso alumnado e presentarlle unha posibilidade de desenvolvemento profesional.   

CONFERENCIA NO CSAF SOBRE "ACONDICIONAMENTO FÍSICO NOS DEPORTES DE EQUIPO"

29/01/2023 10:50
Europe/Madrid

O pasado venres 27 celebrouse na aula de 2º do CSAF do LALIN ARENA unha conferencia a cargo de Pedro Vicente Vila, catedrático de EF e profesor asociado da Universidade de Vigo no grao de CCAFD. A temática abordada foi a programación e deseño do adestramento de Forza en Amplitude de Movemento nos deportes de equipo. O alumnado de 2º do CSAF foi partícipe da experiencia profesional de Pedro Vicente como preparador físico durante 9 anos na modalidade de Fútbol Sala en equipos de nivel profesional. Agradecemos desde o departamento de EF a implicación e traballo do ponente e do alumnado nesta actividade.

CAMPO A TRAVÉS - DEPORTE ESCOLAR

16/01/2023 12:43
Europe/Madrid

ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º DA ESO DO IES LAXEIRO PARTICIPOU ESTE VENRES DÍA 13 NA XORNADA LOCAL DE CAMPO A TRÁVES QUE SE DESENVOLVEU NO RECINTO FERIAL DE SILLEDA. ESPERAMOS QUE PODA SERVIR DE ESTÍMULO PARA QUE O NOSO ALUMNADO SE ANIME Á PRACTICA DO ATLETISMO OU CALQUERA OUTRA MODALIDADE QUE LLE PERMITA LEVAR UN ESTILO DE VIDA ACTICO E SAUDABLE. 

2º CSAF: MASTERCLASS DE "MOVEMENTOS OLÍMPICOS" CON CARLOS FERNÁNDEZ (XIMNASIO Ferro´S)

13/12/2022 08:35
Europe/Madrid

O alumnado de 2º curso do CSAF realizou a pasada semana unha actividade complementaria con Carlos Fernández, técnico do Ximnasio      Ferro´S de Lalín. A formación centrouse no desenvolvemento de progresións para a aprendizaxe dos "movementos olímpicos", exercicios especificos para o adestramento de forza con pesos libres.  A actividade desenvolveuse en 3 horas lectivas na aula de prácticas do CSAF no Lalín Arena, dentro da programación do módulo "Fitness en sala de adestramento polivalente".  

DEPARTAMENTO EF CURSO 22-23

12/12/2022 17:48
Europe/Madrid

DOCENTES CURSO 22-23

  • XOSÉ PEDREIRA JORDEDO: 2º ESO - 3º ESO - MÓDULO 2 CSAF: HABILIDADES SOCIAIS
  • EVA CALVELO VÁZQUEZ: 1º BAC - MÓDULO DO 1º CURSO CSAF: ACONDICIONAMENTO FÍSICO NA AUGA
  • MATIAS EZEQUIEL ZELAYARAN VELASCO: 1º BAC - MÓDULO DO 1º CURSO CSAF: ACTIVIDADES BÁSICAS DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO CON BASE MUSICAL - MÓDULO DO 2º CURSO CSAF: ACTIVIDADES ESPECÍFICAS DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO CON BASE MUSICAL 
  • ANDRÉS ÁLVAREZ FERNÁNDEZ: 1º ESO / 4º ESO - MÓDULO DO CSAF: CONTROL POSTUAL, BENESTAR E MANTEMENTO FUNCIONAL.
  • FRANCISCO GUILLERMO FANDIÑO REISSMANN: MÓDULO 2º CURSO CSAF: HIDROCINESIA
  • RICARDO VÁZQUEZ VAAMONDE: MÓDULO 1º CURSO CSAF: VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA E INTERVENCIÓN EN ACCIDENTES - MÓDULO 2º CSAF: FITNESS EN SALA DE ADESTRAMENTO POLIVALENTE.

RUTA POLO "CAMIÑO DE INVERNO

23/06/2022 08:58
Europe/Madrid

O pasado venres 17 o alumnado de 2º de ESO realizou 12 km do "Camiño de inverno" correspondentes a etapa "Rodeiro-Lalín". A actividade organizouse desde o departamento de EF en colaboración con docentes doutras materias e dentro do programa de actividades complementarias do centro e do ERASMUS+ "21st century skills through traditional outdoor games".

Deixamos algunha imaxes da actividade.

 

Distribuir contido