Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ActividadesActividades e documentos da A21eg CAMPO A TRAVÉS - DEPORTE ESCOLAR 16/01/2023 12:43
Europe/Madrid
ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º DA ESO DO IES LAXEIRO PARTICIPOU ESTE VENRES DÍA 13 NA XORNADA LOCAL DE CAMPO A TRÁVES QUE SE DESENVOLVEU NO RECINTO FERIAL DE SILLEDA. ESPERAMOS QUE PODA SERVIR DE ESTÍMULO PARA QUE O NOSO ALUMNADO SE ANIME Á PRACTICA DO ATLETISMO OU CALQUERA OUTRA MODALIDADE QUE LLE PERMITA LEVAR UN ESTILO DE VIDA ACTICO E SAUDABLE. Sorteo da da cesta do nadal IES LaxeiroEfectuado o sorteo das rifas da cesta de nadal 2017, comunicamos que o número agraciado co premio foi o seguinte
2764 Pantallas Amigas e o IES Laxeiro xuntos para combatir o "Ciberbullying".Será o día 4 de febreiro no Salón de Actos do IES Laxeiro onde este grupo que cumple agora dez anos de traballo, dará a coñecer as súas experiencias e iniciativas que teñen como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia. O ciberbullying é uha prioridade para PantallasAmigas que xa no 2006 publicou a súa primera guía sobre o asunto. Un grupo que conta co apoio de EDEX , organización non lucrativa de acción social con máis de 40 anos de traxectoria no impulso do desenvolvemento integral da infancia e a adolescencia. EDEX é unha organización sen fins de lucro, independente e profesional, comprometida coa acción socioeducativa que naceu en Bilbao en 1973. O "Ciberbullying" é unha prioridade para Pantallas Amigas que xa publicou en 2006 a súa primeira guía sobre este asunto. Decálogo por la ciberconvivencia positiva y contra la violencia digital Unha actividade que dada a súa importancia vai a estar dirixida tanto ao alumnado do centro coma ás/aos nais/pais que así o desexen. O horario para o alumnado será pola mañá desde as 11:00 horas ata ás 14:30 e pola tarde desde as 16:00 ata as 18:40 horas. O horario para pais e nais de alumnos será ás 20:00 horas no Salón de Actos do instituto. Dada a importancia desta problemática actual agardamos que sexa do interese de toda a Comunidade Educativa
Día da Ciencia en GalegoO pasado día 4 de Novembro de 2013 celebrouse o día da Ciencia en Galego. Nesta ocasión estivo dedicado ás figuras de Isaac Díaz Pardo, intelectual, pintor, escritor e filántropo galego. A Florence Nightingale, enfermeira inglesa que coas súas medidas de hixiena nos hospitais contribuiu ao desenvolvemento da mediciña moderna. E a Richard Buckminster Fuller, arquitecto estadounidense que revolucionou o mundo da construción con materiais lixeiros e as súas famosas cúpulas xeodésicas. Desde o IES Laxeiro fixémoslles unha pequena homenaxe realizando carteis de cada un dos persoeiros honrados neste día, que quedaron ao longo de toda a semana expostos para toda a Comunidade Educativa. Tamén realizamos obradoiros de cúpulas xeodésicas con palliñas dos refrescos de plástico e un mural para celebrar este día. Nas fotografías vese unha mostra deste acontecemento. Viaxe por Asturias e Cantabria
O último fin de semana do mes de xuño de 2013, os alumnos do centro Rubén Carballude e José Manuel Lorenzo acompañados polo profesor Luís Jar, realizaron unha viaxe cultural por terras de Asturias e Cantabria. Esta viaxe entraba dentro do 1º premio de Investigación Científica Luis Freire 2013, que gañou Rubén Carballude co traballo: "A que velocidade se moven os caracois?". Nela tivemos ocasión de ver o xardín botánico de Xixón, as covas de Tito Bustillo e o Soplao, o museo asturiano dos dinosaurios e as vilas de Candás, Ribadesella e Cangas de Onís. Unha viaxe que premia o esforzo e bo saber destes dous alumnos, e que os enche de folgos para o próximo curso que esperemos estea tan cargado de agradables sorpresas como o estivo este que remata. Nas fotografías pódese observar unha pequena mostrar das experiencias vividas nesta viaxe. Axudas para a realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras Ano 2011A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011. Poderán solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos de 6º Primaria; 1º-2º-3º e 4º ESO; 1º e 2º Bacharelato e Ciclos Superiores que teñan no seu currículo un módulo profesional de lingua estranxeira.Na seguinte nota informartiva, na Orde do 8 de marzo de 2011 e no cartel informativo atoparedes toda a información. O prazo abrangue desde o 12 de marzo ata o 12 de abril e a Web da convocatoria é a seguinte: http://wwww.edu.xunta.es/axudasle Obradoiro de papiroflexiaO pasado día 4 de xuño anticipamos a celebración do día do medioambiente dunha forma moi especial. O alumnado de primeiro ciclo da ESO que forma parte do comité ambiental asistiu a un obradoiro de papiroflexia, onde coñeceron a historia de Sadako Sasaki e fixeron grúas de papel. » O ALUMNADO DO LAXEIRO PREMIADO NO CONCURSO de televisión INFOFALA
O Concurso Infofala 2008 foi un
Os programas emitironse en horario de O persoal da emisora local DEZ TV deu obradoiros para aprender algo máis deste apaixoante mundo da televisión.
O pasado día 26 de xaneiro déronse finalmente os O equipo que realizou o traballo premiado finalmente foi:
Carlos Villardefrancos,
O Coordinador da Actividade por parte do
Semana do Medio AmbienteCo gallo da celebración o día 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente, dende o grupo da Axenda 21 do Centro realizaremos varias actividades conmemorativas durante a semana do 2 ao 6 de xuño. » |
Novos números
|