Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, DiverCoñecendo ás Detectives do CancroCon motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado do noso IES participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Clotilde Costa Nogueira. Clotilde reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia, e que seguen a ter, para que sexan recoñecidos os seus méritos e cheguen a ocupar postos de maior relevancia no mundo da ciencia. Compartiu a experiencia e traxectoria como científica dende a súa Moaña natal para rematar explicando en que centra actualmente a súa investigación en Santiago de Compostela, a biopsia líquida. Clotilde transmitiu optimismo e animou ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola ciencia. Soña, atrévete! » CONFERENCIA NO CSAF SOBRE "ACONDICIONAMENTO FÍSICO NOS DEPORTES DE EQUIPO" 29/01/2023 10:50
Europe/Madrid
O pasado venres 27 celebrouse na aula de 2º do CSAF do LALIN ARENA unha conferencia a cargo de Pedro Vicente Vila, catedrático de EF e profesor asociado da Universidade de Vigo no grao de CCAFD. A temática abordada foi a programación e deseño do adestramento de Forza en Amplitude de Movemento nos deportes de equipo. O alumnado de 2º do CSAF foi partícipe da experiencia profesional de Pedro Vicente como preparador físico durante 9 anos na modalidade de Fútbol Sala en equipos de nivel profesional. Agradecemos desde o departamento de EF a implicación e traballo do ponente e do alumnado nesta actividade. Programacións Didácticas e Concrecións CurricularesESO & BAC ANO 2022-2023 CONCRECIÓNS CURRICULARES Fai Click na Ligazón para acceso ao documento ---> PDF PROGRAMACIÓNS LOMCE – CURSOS PARES – INFORMACIÓN POR DEPARTAMENTOS
LOMLOE – CURSOS IMPARES 1ºESO (LOMLOE) 3º ESO (LOMLOE)
1ºBACHARELATO (LOMLOE) DECEMBRO 2022 » Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento
O pasado mércores 11 de xaneiro de 2023, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automatismos e xunto co alumnado de 1º Bacharelato que cursan a área de Tecnoloxía industrial, participaron nunha actividade complementaria, coa visita ao Parque Experimental Eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Os contidos estiveron centrados na parte técnica pero non faltou a compoñente transversal de do comportamento social e ético en canto a problemática medioambiental dos recursos enerxéticos. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de tecnoloxía e instalacións acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respectuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.
Esta actividade estivo organizada polos depart. de Electricidade FP e Tecnoloxía Bach do noso centro.
Homenaxe a GuadaO día 12 de xaneiro ás 13:00 horas, tivo lugar un acto en
|
Xa van aparecendo referencias desta fermosa e fantástica iniciativa na prensa:
A gañadora do concurso de postais deste curso 2022-2023, foi a alumna Mar Taboada Montoto de 4º ESO B.
Moitas felicidades para Mar e o noso agradecemento as profesoras Mar e Elsa!
O alumnado de 2º curso do CSAF realizou a pasada semana unha actividade complementaria con Carlos Fernández, técnico do Ximnasio Ferro´S de Lalín. A formación centrouse no desenvolvemento de progresións para a aprendizaxe dos "movementos olímpicos", exercicios especificos para o adestramento de forza con pesos libres. A actividade desenvolveuse en 3 horas lectivas na aula de prácticas do CSAF no Lalín Arena, dentro da programación do módulo "Fitness en sala de adestramento polivalente".
O 30 de Novembro de 2022, facemos público e animamos a todos a participar na IV Edición do Concurso Científico Luis Gustavo.
O obxectivo do concurso é promover un uso racional da enerxía tanto nos fogares como nos espazos públicos concienciando á xuventude e comunidade educativa sobre os beneficios do aforro enerxético e a importancia de eficiencia enerxética en base á sostibilidade ambiental, económica e social.
Este ano o Concurso será Fotográfico e o Tema:
EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO
O prazo rematará o 30 de maio de 2023.
Podedes consultar as Bases do Concurso na seguinte Ligazón - >
https://sites.google.com/ieslaxeiro.com/concursoluisgustavo/bases-do-concurso
ou descargar as Bases do Concurso ->
Podedes descargar o Cartel da IV Edición Concurso Luis Gustavo ->
http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslaxeiro/system/files/Cartel%20IV%20edici%C3%B3n%20CLG.jpg
[By María Elsa Martínez Vázquez]
25 de novembro de 2022