Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, DiverROMPECOCOSAnte a situación de crise ocasionada pola COVID-19, este curso decidimos facer actividades individuais en lugar das de grupo coas que traballamos estes últimos anos. DÍA DE PI Para celebrar o día de PI fixemos varias actividades con un resultado moi positivo. As actividades mais salientables foron: CLUB DE CIENCIA: ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL" 05/06/2021 16:26
Europe/Madrid
O alumnado de 2º de ESO que estivo traballando no proxecto ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL", está a realizar unha presentación, nos cursos de 1º da ESO, na que dan conta de seu traballo sobre o consumo de "azucre engadido" en estudantes da ESO do IES Laxeiro. Os obxectivos principais foron valorar o grao de cumprimento das recomendacións da OMS sobre a inxesta de "azucre libre" (<25 gr/día); e por outra parte, concienciar sobre a necesidade duns hábitos de alimentación saudabeis, que xunto coa actividade física, son os mellores medios para manter un bo estado de saúde.
Participamos nos talleres de GalicienciaO 27 de maio, o alumnado de 4ª ESO realizou o taller "Microbioloxía para entender o mundo" organizado por Galiciencia na súa edición online. A través de exemplos cotidianos descubriron como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no noso día a día. Entre outras actividades simularon o mecanismo de funcionamento da reacción en cadea da polimerasa (PCR) para comprender como se pode empregar no diagnóstico de enfermidades.
Actualidade e Ciencia!
» PINTURA “A PLEIN AIR”O venres día 28 de maio, o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, experimentou a sensación da pintura ao aire libre, como os Impresionistas do século XIX. O sol, o vento, os tonos de cor son distintos pintando o aire libre e os resultados e as sensacións son espectaculares.
Aquí vos deixo o resultado en fotografías.
» Musiqueando no LaxeiroA COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do IES Laxeiro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro. Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica. Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración. Xogos tradicionais da man de Luis Iglesias "Luchi" 25/05/2021
Europe/Madrid
Este martes 25 de maio, puidemos desfrutar dunha xornada de xogos tradicionais da man de Luchi Iglesias, artesán polifacético de Lalín que ven de recuperar e crear materiais daqueles xogos que nenos, nenas e maiores adoitaban practicar nas aldeas e vilas do país. Xornada de aprendizaxe e diversión, organizada no marco de proxecto Erasmus+ "21st Century skills through Outdoor Traditional Games". Queremos agradecer a Luchi o seu labor de promoción do legado cultural que supoñen os xogos tradicionais, ao alumnado que participou de forma activa e respetuosa e ao profesorado que colaborou na organización e control da actividade. INICIACIÓN A RUGBY CO "CLUB RUGBY CORETI LALÍN" 24/05/2021
Europe/Madrid
O pasado xoves alumnado de 1º de BAC adicou a sesión de EF a disfrutar do Rugby das mans de adestradores e adestradoras do club Rugby Coreti Lalín. Este luns tamén poderá facelo o alumnado de 1º de ESO. Agardamos disfruten da actividade e se animen a probar este deporte de equipo, no que ademais dunha boa condición física e técnica, son fundamentais os valores de repecto e traballo colectivo. Acto de Graduación "telemático" do noso Alumnado de 2º Bacharelato 2020-2021O alumnado de 2º de bacharelato quere facervos chegar a invitación, sobre todo para as familias, ao acto de graduación que se
A ligazón para o seu acceso e seguimento é: https://www.youtube.com/channel/UC37mC5F59cCeFIUqMFFnoIQ (facer Click na Ligazón!) Pedimos desculpas ás familias por non poder celebralo de xeito presencial, pero debemos manter as normas... e mais aínda neste curso tan intenso para eles e elas...
A Dirección do IES Laxeiro » Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D. Acceder ao documento --> estudio científico
|
Novos números
|