Skip to Content

O 23 de abril conmemoramos o Día do Libro. É neste día cando demostramos que SÍ existen realidades paralelas, os nosos amados libros. Un libro é moito máis que un conxunto de páxinas con letra. É un universo por descubrir!

Dende a biblioteca do IES Johan Carballeira e o seu voluntariado, quixemos amosar ao resto de alumnado do instituto algúns dos nosos porta-mundos favoritos. Que problema atopamos? Que non somos quen de pórnos de acordo cos mellores! Daquela, convertemos esta actividade nun duelo de libros!

Máis información no menú Biliocarballeira da esquerda.

E esta actividade non sería posible sen o traballo e a colaboración do equipo de VOLUNTARIADO da Biblioteca: Martiño, Xandre, Helena, Carmen, Marina, Cris, Aitor, Hector, Giovanna, Sara, Paula, Iria, Alba e Antía. Grazas.

 

O pasado 15 de abril, presentáronse dous proxectos emprendedores por parte de alumnos de 2º de ciclo superior de admón e finanzas, ao concurso que todos os anos convoca a Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa, na que levamos traballando últimamente, supón unha experiencia moi positiva permitindo dar publicidade a plans de negocio sostibles elaborados polo alumnado durante todo o curso, ademáis da posta en escea dos mesmos diante dun xurado que constitúe un reto para eles.

 

Vídeo completo da presentación dos proxectos.

Na prensa:

Pontevedra viva.

Comarcas na rede.

Faro de Vigo.

VENRES 7 DE MAIO (18.30 a 20.00)

ÁMBITO SOCIAL

LUNS 10 DE MAIO (18.30 a 21.00)

ÁMBITO LINGÜÍSTICO

MARTES 11 DE MAIO (19.15 a 20.45)

ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO

 

Publicada a resolución provisional do alumnado que solicitou praza para o noso centro no curso 21/22. Todo o alumnado que presentou solicitude en prazo está admitido.

As listaxes están expostas na secretaría do centro.

Tras dúas semanas intensas, hoxe finalizamos a parte experimental do noso proxecto estudando neuronas con anticorpos no StemBach.

Realizamos diferentes técnicas experimentais, tincións e inmunocitoquímicas para poder analizar neuronas no encéfalo de ratos.

Sen dúbida, unha experiencia magnífica.

Máis información no menú STEMbach da dereita

Distribuir contido


by Dr. Radut