Skip to Content

Día do Libro 2021. E ti de que libro vés sendo?

jlmartinez

O 23 de abril conmemoramos o Día do Libro. É neste día cando demostramos que SÍ existen realidades paralelas, os nosos amados libros. Un libro é moito máis que un conxunto de páxinas con letra. É un universo por descubrir!

Dende a biblioteca do IES Johan Carballeira e o seu voluntariado, quixemos amosar ao resto de alumnado do instituto algúns dos nosos porta-mundos favoritos. Que problema atopamos? Que non somos quen de pórnos de acordo cos mellores! Daquela, convertemos esta actividade nun duelo de libros!

Máis información no menú Biliocarballeira da esquerda.

E esta actividade non sería posible sen o traballo e a colaboración do equipo de VOLUNTARIADO da Biblioteca: Martiño, Xandre, Helena, Carmen, Marina, Cris, Aitor, Hector, Giovanna, Sara, Paula, Iria, Alba e Antía. Grazas.

 



page | by Dr. Radut