Skip to Content

Esta avaliación, seguindo as recomendacións do Protocolo COVID, as notas non se entregarán en papel, publicaranse unicamente no espazoAbalar e na aplicación abalarMóvil.

As notas publicaranse escalonadamente o venres 26 segundo o seguinte horario:

1º e 2º de ESO, ás 10:00

3º e 4º de ESO, ás 11:00

1º e 2º de BACH, ás 12:00

Ciclos, medios e superiores, ás 12:00

FP Básica, ás 13:00

ESA e BACH Adultos, ás 17:00

A aplicación abalarMóvil, se non se ten instalada, pódese descargar dos seguintes enlaces:

 Guía abalarMóvil

 Ademais da aplicación abalarMóvil, pódense consultar as notas da avaliación a través da páxina web do espazoAbalar, identificándose como usuario Xunta ou a través da Chave365.

 

Está aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 15 de marzo ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Pódese consultar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Orde do 21 de xaneiro de 2021

Tamén se pode consultar o calendario das probas de acceso na seguinte ligazón:

Calendario de probas de acceso

Máis información na Secretaría do Centro ou na seguinte ligazón:

Información xeral de probas de acceso. Convocatoria 2021

"Visibilizando as mulleres", actividade comezada o curso pasado e que xa forma parte do Proxecto da Biblioteca, celebrouse este ano cos grupos de 1º ESO e coa colaboración do Voluntariado de 1º de bacharelato. Como é habitual o alumnado xogou a adiviñar quen estaba debaixo da manta a través dunha batería de preguntas con cuxa resposta lograron visibilizar a mulleres de distintas épocas e lugares: Mary Shelley, Ágatha Christie, Almudena Grandes e Irena Sendler.

Queremos destacar o valioso labor do Voluntariado que axudou a xente miúda a coñecer catro figuras claves do feminismo e da literatura universal.

Máis información, fotos e vídeos en Bibliocarballeira.

Prazo aberto: do 1 ao 22 de marzo

Para acceder á aplicación pincha na seguinte imaxe:


A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro elixido en primeiro lugar dentro das súas preferencias ou de forma electrónica a través da aplicación AdmisionAlumnado

Documentación a presentar coa solicitude:
-    Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando denegue a consulta.
-    Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
-    Certificación oficial do expediente académico do centro de orixe.
-    En caso de separación dos pais: sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Importante: no caso de separación ou divorcio, as solicitudes terán que asinalas os dou proxenitores, agás no caso no que a patria potestade estea atribuía exclusivamente a un deles.

Calendario proceso de admisión

Prazas vacantes Curso 2021/22

Impreso solicitude admisión (ED550B)

 

 DATAS PARA A MATRÍCULA:

– Primeira convocatoria: Do 8 ó 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
– Segunda convocatoria: Do 1 ó 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sin que teñan que presentar nova documentación

DATAS DOS EXAMES:

- Primeira convocatoria: 21 de maio de 2021

- Segunda convocatoria: 10 de setembro de 2021

HORARIOS DOS EXAMES:  En sesión de mañá e tarde

REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA:
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

INSCRICIÓN NA PROBA:
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel en algúns dos centros educativos.

PERSOAS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS:

As persoas con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver.

MATERIAS DA PROBA:
Proba de ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de:

   Matemáticas

   Bioloxía e Xeoloxía

   Física e Química

   Tecnoloxía

   Aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física. 

 Proba de ámbito social, que inclúe exercicios das materias de:

   Xeografía e Historia

   Economía

   Iniciación á Actividade Emprendedora Empresarial

   Aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música. 

 Proba de ámbito da comunicación, que comprenderá os exercicios de: 

a) Lingua Galega e Literatura.

   Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

   Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

b) Lingua Castelá e Literatura.

   Exercicio de redacción. Realizarase conforme ao disposto no punto a.1 para a Lingua Galega e Literatura.

   Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

c) Lingua Estranxeira (inglés ou francés). 

 RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

 

   Anexo I: Formulario de inscrición nas probas de 2021.

   Enlace coa información disponible na web da Consellería de Educación. 

 

Foi admitido todo o alumnado que fixo reserva para 1º da ESO para o vindeiro curso 2021/2022, procedente do centro adscrito CEIP Plurilingüe A Pedra.

A listaxe de admitidos atópase na Secretaría do centro.

Por outra parte, do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para a ESO e Bacharelato, para o alumnado que desexe cambiar de centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut