Skip to Content

Publícase o listado definitivo do alumnado seleccionado para as mobilidades do curso 2020-2021. Parabéns!

Mais información no menú Novidades ERASMUS.

"Neste atípico ano, a pandemia privounos de moito, desde experiencias ata persoas... pero nós mantivemos o noso espírito e esencia revolucionarios e loitadores, que non deixaron indiferente a ninguén este 25 de novembro. Desde o equipo do voluntariado da biblioteca..."

Así comenza o texto publicado en Bibliocarballeira pola nosa compañeira Antía de 1º de Bacharelato con motivo do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

 

 

Para ler o texto completo e ver máis vídeos, pincha no menú da dereita BIBLIOCARBALLEIRA

Publicación da listaxe de alumnado seleccionado para as mobilidades ERASMUS+ do curso 2020-2021.

Mais información no menú Novidades ERASMUS.

Hoxe, 25 de Novembro, día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, cubriuse de negro e lila o noso instituto para unha vez mais expresar a nosa repulsa contra o machismo.

“O machismo mata”, proclama inserida nas máscaras recibidas deste concello, espallouse por todo o centro.

O alumnado de 2º FP Básica de Pesca creou unha instalación repleta de contidos visuais relacionados coa súa especialidade (áncoras, redes, nós, polbos...), cheos da cor da igualdade. Polos corredores do centro impactaban a modo de pintadas camisetas de cartolina coas súas mensaxes reivindicativas.

Hai que sumar a participación das alumnas e alumnos de 3º ESO, coa exposición dos seus carteis, nos que denuncian o maltrato ás mulleres e animan á toda a sociedade a convivir en tolerancia.

 

 

 

 

O pasado xoves 19 de novembro o alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias tivo a oportunidade de participar nunha sesión de iniciación ao voo de drons da man de Nuno Troitiño.

 

 

Os alumnos STEMbach da promoción 2020/22 estiveron visitando a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Máis información no menú STEMbach, ahí á dereita.

 

O 13 de novembro publicouse no DOGA a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Pódese acceder á Orde no seguinte enlace: ORDE do 6 de novembro de 2020 (DOGA do 13 de novembro).

Resumindo un pouco a Orde:

Poden ser beneficiarios desta axuda o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

 1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

 2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

·         Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (ver o artigo 3 e 4 da Orde, onde definen a renda per cápita da unidade familiar e membros computables).

·         Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

 

Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

 

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros. 

 

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , no centro docente, e no portal educativo http://www.edu.xunta.gal.

 

O PRAZO para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (Prazo de presentación: do 16/11/2020 ao 27/11/2020 incluidos).

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR: as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a documentación que se sinala no artigo 9 da Orde, segundo as circunstancias familiares.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL, RECLAMACIÓN E PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA:

No taboleiro de anuncios do instituto publicarase a listaxe provisional, e posteriormente definitiva das solicitudes concedidas e excluídas.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

 

Normas Enlaces

 

 

Velaquí a nosa Biblio Carballeira que en tempos de coronavirus decidiu, con firmeza, non pechar as súas portas. Isto non tería sido posible sen a implicación e o compromiso de toda a comunidade educativa: dirección, profesorado e alumnado. Para nós non era unha opción, pois pensamos que agora, máis ca nunca, a cultura e a lectura son necesaria e SEGURAS, faros que nos guían e nos acubillan, que nos alimentan e nos axudan a loitar contra a principal e máis perigosa das pandemias: a ignoracia. Deste xeito, facemos nosas as verbas que Lorca pronunciou, hai case 90 anos e que hoxe seguen de absoluta actualidade, na inauguración da biblioteca pública de Fuente Vaqueros:

“Non só de pan vive o home. Eu, se tivese fame e estivese desvalido na rúa, non pediría pan, senón que pediría medio pan e un libro. E eu ataco dende aquí violentamente a quen só fala de reivindicacións económicas sen nomear xamais as reivindacións culturais, que son as que os pobos piden a berros. Ben é que todos os homes coman, pero que todos os homes saiban. Que gocen de todos os froitos do espírito humano, porque o contrario é convertelos en máquinas ao servizo do Estado, é convertelos en escravos dunha terrible organización social.

Eu teño moita máis pena dun home que quere saber e non pode ca dun famento. Porque un famento pode acalmar a súa fame doadamente cun anaco de pan e unhas froitas, pero un home que ten ansia de saber e non ten medios sofre unha terrible agonía, porque son libros, libros, moitos libros os que precisa. E onde están eses libros?”

Eses libros están na nosa Biblio Carballeira. Benvidas o benvidos, collede o que máis vos preste!

 

 

Imagen JPEG-36C16347DEB4-1

 

 

EQUIPO BIBLIOTECA

Profesorado:  

Lucía Durán Paredes
Fernanda González Briones
Eva López Rodríguez
Montserrat Freire Tarrida
Angélica Garrido Sotelo
Mercedes Vilas Martínez
Lola Toro Cabaleiro
Miguel Quiroga Bóveda
Leonor Gala Torres Sabín

Coordinadora:  

Diana Buceta Palacios

 

Distribuir contido


by Dr. Radut