Skip to Content

O número premiado no sorteo da cesta de Nadal foi o 267.

Publicado o listado do alumnado seleccionado para as mobilidades ERASMUS+ para o curso 2021-2022.

Pódese consultar o listado no seguinte enlace.

Publicación das Fotografías gañadoras no Concurso de Fotografía do Proxecto Océanos de Cultura, Cultura de Océanos (OCCO). Noraboa a todas as persoas participantes e, especialmente, a finalistas e premiadas.

 

Podes acceder ao Formulario para a votación no QR da última diapositiva ou aquí

Para comezar a elaboración do Plan Dixital do Centro co fin de mellorar a competencia dixital de toda a comunidade educativa e converternos nunha Organización Dixitalmente Competente, necesitamos realizar unha serie de tests para coñecer o noso punto de partida.

Os tests estarán dispoñibles para realizar a partires do 22 de novembro.

Instrucións para cubrir os test

Importante: Por motivos de seguridade, cando se fagan os tests nas aulas de informática, é necesario utilizar o navegador Firefox.

Nos seguintes enlaces están os documentos que dan acceso os test dos diferentes compoñentes da nosa comunidade escolar:

Test equipo directivo

Test profesorado ESO

Test profesorado BACH

Test profesorado FP

Test alumnado ESO

Test alumnado BAC

Test alumnado FP

De acordo co que establece a lexislación vixente, procederase á renovación parcial do Consello Escolar. O censo de alumnado estará exposto no taboleiro habilitado para tal fin no hall do centro ata o 15 de novembro.

 

Son electores e elixibles todo o alumnado do centro.

 

As candidaturas presentaranse por escrito na secretaría do centro, dende o 9 ata o 16 de novembro, cubrindo o seguinte impreso:

 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DO ALUMNADO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut