Skip to Content

O 18 de maio publicouse no DOGA a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022-23.

O prazo para presentar as solicitudes comeza o 19 de maio e remata o 22 de xuño de 2022. 

As solicitudes poderanse presentar de varias formas:

  1. Presentación da solicitude no centro cuberta de xeito manual (sen número de solicitude)
  2. Elaboración da solicitude e xeración do número de solicitude a través da aplicación:

             Unha vez realizada a solicitude a través da aplicación, esta poderase presentar:

    1. en papel de xeito presencial no centro educativo (con número de solicitude)
    2. na sede electrónica da Xunta de Galicia (con número de solicitude)

Unha vez resolta a convocatoria, a listaxe provisional de admitidos publicarase como máximo o 11 de xullo de 2022. O prazo de reclamación ás listaxes provisionais serán os dous días seguintes aos da súa publicación.

Documentación que deberá acompañar a solicitude:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º. Certificado ou volante de convivencia. 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

Como todas e todos sabedes, o nome escollido para a balea, por votación popular, foi Udra. Aquí temos o diagrama de votación:

Por outra banda, xa temos feito o reconto da recadación do I Festival Art for change. Entre todos e todas conseguimos reunir 2.362,58 €, que xa foron doados a Pallasos sen fronteiras e a BDRI.

Distribuir contido


by Dr. Radut