Skip to Content
O próximo xoves 10 de marzo, ás 16:30 h, teremos unha xornada de portas abertas para aquelas familias que non puideran estar na xornada anterior.

Solicitude de admisión. Prazo: do 1 ao 21 de marzo. A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro elixido en primeiro lugar dentro das súas preferencias ou de forma electrónica a través da aplicación AdmisionAlumnado.

Documentación a presentar coa solicitude:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando denegue a consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.
  • Certificación oficial do expediente académico do centro de orixe.
  • En caso de separación dos pais: sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Importante: no caso de separación ou divorcio, as solicitudes terán que asinalas os dous proxenitores, agás no caso no que a patria potestade estea atribuída exclusivamente a un deles.

Calendario do proceso de admisión.

Prazas vacantes curso 2022/2023.

Baremo escolarización.

Normativa e manuais para as familias.

Impreso solicitude admisión. SEDE ELECTRÓNICA (ED550B).

Impreso solicitude admisión (PDF).

Foi admitido todo o alumnado que fixo reserva para 1º da ESO para o vindeiro curso 2022/2023, procedente do centro adscrito CEIP. Plurilingüe A Pedra.

A listaxe de admitidos atópase na Secretaría do centro.

 

Que mellor modo de estrear o noso telescopio que cunha sesión de astronomía e astrofotografía?
Aquí o resultado da noite do venres, vimos e fotografiamos galaxias, nebulosas, cúmulos, estrelas, de todo!!! E o mais importante, o pasamos xenial!!!
Tivemos o pracer de estar acompañados por Ana, de Alecrín ,coa que aprendemos
sobre mitoloxía e astronomía e o pasamos súper ben.
Pronto máis e mellor!!!
Seguimos!!!
Até o infinito e máis alá.

Distribuir contido


by Dr. Radut