Obradoiros
Blogs de profesorado do IES García Barbón.
Enviado por admin o Mar, 15/12/2015 - 17:41Os profesores do IES García Barbón, como froito da súa formación e búsqueda de achegar as TICs ao aprendizaxe dos alumnos, están a traballar nestes blogs. Do seu éxito, dependerá a súa continuidade.
Postal gañadora do I Concurso de Postais de Nadal
Enviado por admin o Ven, 11/12/2015 - 10:27
Postal gañadora que realizou Ismael González Ferreira (estudante de 1º de Bacharelato). Noraboa!
Iniciativas para a mellora da competencia linguïstica no IES García Barbón
Enviado por admin o Xov, 19/11/2015 - 18:22Xuntanza do Club de Lectura
Enviado por admin o Mar, 03/11/2015 - 19:27O pasado luns, 26 de outubro tivo lugar a primeira xuntanza dos clubs de lectura do noso Instituto. Por unha banda reuniuse o Club de Galego que despois da presentación e organización de horarios decidiron, que como estaba preto o Samaín, facer o xogo do Cadáver exquisito que tivo como resultado final a historia que amosa a fotografía seguinte.
Logo fixeron un comentario das lecturas fantásticas e de terror que elexiran para ese día.
Xuntanza do Club de Conversa en Inglés
Enviado por admin o Mar, 03/11/2015 - 19:04O vindeiro xoves, día 5 de novembro, terá lugar no hall do instituto a primeira xuntanza do Club de conversa en inglés.
Dada a gran acollida que tivo este club, 40 apuntados, realizarémola a xeito de “acampada” onde os membros se presentarán e logo farán un xogo que as coordinadoras prepararon para este primeiro día a modo de “quebraxeos” e para darlle un ton máis lúdico e divertido.
3º Concurso de Calacús - Samaín 2015
Enviado por admin o Ven, 23/10/2015 - 12:17DATA: Do luns 26 ao mércores 28 no recreo da mañá
LUGAR DE ENTREGA: Biblioteca
DATA E LUGAR DE ENTREGA DE PREMIOS: xoves 29 no salón de actos ás 11:20
BASES:
- Pode participar calquera membro da comunidade educativa.
- As cabazas poden ser elaboradas en calquera material (natural, cartón, poliespan, goma eva, metal,…).
- Cada cabaza debe levar escrito manualmente, en papel ou cartolina, un conxuro (meigallo) que pode ser inventado ou tradicional.
- Haberá catro premios:
- Ao máis artístico: Unha cea na zona dos viños de Verín.
- Ao máis elaborado: Unha noite nun hotel de Ourense cunha sesión de baño e masaxe nas Termas das Burgas.
- Ao máis enxebre: Un paseo en catamarán polo Sil, a elexir a época.
- Ao mellor conxuro: Unha cesta con produtos típicos de diversas zonas de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4