Inglés
INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO
Enviado por admin o Mar, 21/10/2014 - 12:54PROFESORADO:
Vidal Castiñeira, Ana - XEFA DEPARTAMENTO
Queiro Pérez, Rosa
Rodríguez Posada, Rebeca
Alumnos 1º e 2º de Bacharelato asisten á obra de teatro "Pop Idol" en Inglés no Auditorio de Verín.
Enviado por admin o Mér, 13/02/2019 - 10:30A obra foi unha comedia moi dinámica onde algúns alumnos participan na mesma bailando e cantando en inglés. Esta actividade é un complemento excelente ó currículo da língua estranxeira.
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016
Enviado por admin o Mar, 29/03/2016 - 16:08A Xunta convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. Preme na imaxe para ver a convocatoria:
Consellos e recursos pedagóxicos para aprender unha lingua estranxeira
Enviado por admin o Mar, 29/03/2016 - 15:58A profesora Rosa María Roldán González facilita uns consellos moi útiles para o estudo das distintas linguas estranxeiras, especialmente o inglés.
Iniciativas para a mellora da competencia linguïstica no IES García Barbón
Enviado por admin o Xov, 19/11/2015 - 17:22Xuntanza do Club de Conversa en Inglés
Enviado por admin o Mar, 03/11/2015 - 18:04O vindeiro xoves, día 5 de novembro, terá lugar no hall do instituto a primeira xuntanza do Club de conversa en inglés.
Dada a gran acollida que tivo este club, 40 apuntados, realizarémola a xeito de “acampada” onde os membros se presentarán e logo farán un xogo que as coordinadoras prepararon para este primeiro día a modo de “quebraxeos” e para darlle un ton máis lúdico e divertido.
Mercedes Rodríguez Quintas fala da súa experiencia (Linguas Estranxeiras)
Enviado por admin o Lun, 26/10/2015 - 21:02O día 21 de outubro ás 10.30 tivemos a sorte de poder escoitar a experiencia vital e académica da nosa antiga alumna Mercedes Rodríguez Quintas. Os estudantes de 2º de Bacharelato participaron nesta charla e realizaron preguntas a Mercedes. Moitas grazas pola súa colaboración!
Club de conversa en Inglés
Enviado por admin o Ven, 23/10/2015 - 11:11O vindeiro mes de novembro dará comezo unha nova actividade promovida pola Biblioteca do centro e coa colaboración do Departamento de inglés. Trátase dun grupo de conversa en inglés que está aberto a tódolos membros da comunidade educativa do centro e que ten como obxectivo mellorar a fluidez e a comprensión oral do inglés, empregándoo , ao tempo que nos divertimos e facemos amigos…
O grupo reunirase nun principio unha vez ao mes polas tardes, dende novembro a xuño e será coordinado polas profesoras de inglés do colexio e a profesora de Relixión quen conta coa experiencia de ter vivido en EE.UU durante un período de tempo.
