Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de Anuncios, Xunta de Delegados, Exames, Bolsas, Ofertas de Emprego

BLOG DO I.E.S. GARCÍA BARBÓN

Dispomos dun taboleiro de anuncios virtual que ten formato de BLOG.

Un blog para dar conta das novidades de interese para o conxunto da comunidade educativa do IES García Barbón.

http://garciabarbonverin.blogspot.com.es

VISITA E OPINA!

Uso do teléfono móbil no centro educativo

En base a normativa vixente:

 

- DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar

Artigo 19. Normas de convivencia

4. Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica.

 

- Normas organización e funcionamento (NOF IES García Barbón)

2.2 Sobre a permanencia no centro

19. Está totalmente prohibido gravar ou difundir imaxes ou audios de calquera membro da comunidade escolar sen a súa autorización. Non está permitido o uso de móbiles e demais dispositivos electrónicos en horario lectivo e en todo o recinto escolar, excepto para uso docente ou actividades pedagóxicas así como na hora do recreo.

 

Todo alumnado que use o móbil en horario lectivo será sancionado, en base a esta normativa.

Exame Formación e Orientación Laboral pendente Coidados Auxiliares de Enfermaría

Infórmase que o exame de Formación e Orientación Laboral da materia pendente de CM Coidados Auxiliares de Enfermaría será o 13 de decembro ás 10 horas.

Programa escolar de consumo de froita e leite

O vindeiro luns día 23 comezará a entrega de leite para o alumnado no hall do centro durante os recreos dentro do "Programa escolar de consumo de froita e leite" coa axuda económica da Unión Europea.

Curso de formación profesional ocupacional de Operacións Auxiliares de Fabricación Mecánica

No IES García Barbón ofertase o curso de Formación Profesional Ocupacional de Operacións Auxiliares de Fabricación Mecánica que se impartirá no centro en horario de tarde do 21 de febreiro ao 21 de xullo. Se estás interesado podes poñerte en contacto co centro.

Calendario de exames e avaliacións

Distribuir contido