Saltar navegación.
Inicio

Xeografía e Historia

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO

PROFESORADO:

Alba Gómez Álvarez - XEFA DEPARTAMENTO + MENTOR

Souto Ares, Francisco Xabier

 

A NOSA EXPOSICIÓN "MESTRAS" XA É ITINERANTE

O IES Alexandre Bóveda de Vigo solicitounos o material e as audioguías elaboradas polo alumnado para a exposición "Mestras", e dende o 25 de maio xa colgan das súas paredes, este é o cartaz que fixeron para a mostra

 

EXCURSIÓN ALUMNADO DE HISTORIA DA ARTE

Aquí está o alumnado de Historia da Arte do García Barbón, desfrutando da excursión que organizamos este ano, xunto ao Departamento de Debuxo, para ver in situ o mosteiro e a capela mozárabe de San Miguel en Celanova, a igrexa visigoda de Santa Comba de Bande e o campamento romano Auis Querquennis

Podcast sobre Memoria Histórica, Telmo Comesaña

Quero compartir con vós esta entrevista que se fixo a Telmo Comesaña, fundador e presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, no IES Alexandre Bóveda de Vigo falando sobre a Memoria Histórica.

 

Exposición Mestras

A profesora Alba Gómez e o seu alumnado de Historia da Arte converten o IES García Barbón de Verín nun pequeno museo a través da exposición “Mestras” coa finalidade de reivindicar o espazo das mulleres na Historia da Arte, un espazo do que foron borradas e expulsadas prácticamente ata a actualidade. Pensemos que o libro que segue a ser o máis vendido sobre a materia, o famoso manual de Gombrich, apenas inclúe o nome dalgunha artista ou nos propios contidos do exame ABAU, onde por primeira vez este ano aparecen 7 artistas que naufragan entre os nomes dunha morea de homes. Co pensamento de transitar un novo camiño, que debe partir tamén da escola, o alumnado elaborou con agarimo, curiosidade e asombro as audioguías das obras aquí seleccionadas, cunha perspectiva crítica, xa que non pode ser doutro xeito.



Mostras da exposición:

Judit decapitando a Holofernes (Artemisia Gentilleschi)

Narración de Tatiana Barja Rivero

 

A idade madura (Camille Claudel)  

Narración Cristina Rivero Martínez, Lucas Pardo Pardo, Tatiana Barja Rivero

 

 

A Verbena (Maruxa Mallo)

Narración Lucas Pardo Pardo

 

 

Untitled Film Stills (Cindy Sherman) 

Narración Cristina Rivero Martínez

UN NADAL CHEO DE ARTE

Ola a todas e todos! chegaron novas incorporacións á biblioteca do centro, un bo puñado de obras que podedes atopar no espazo destinado a Historia da Arte e no de novela gráfica.

TI VAI FACENDO

Saímos a dar un paseo por Verín e contorna para comprobar cos nosos ollos a contaminación visual da que falamos en clase. Para a cal en Galiza ata temos un termo:" feísmo", o que nos leva a reflexionar sobre este fenómeno a través dunha serie de fotos e textos 

Actividade realizada polo alumnado  de Xeografía de 2º de bacharelato

Distribuir contido